Jabato, sobre o uso de máscaras no balonmán tras o positivo en COVID do xogador do Cisne: "no es una opción"
Por Almu Dapena
O positivo en covid dun xogador do Dicsa Modular Cisne obrigou ao club para deter a volta á cancha por uns días.
"Está todo aparcado, ahora estamos centrados en el tema de la salud", asegura o técnico Jabato, que explica que sabían ao que estaban expostos pero aínda así "pensábamos que no nos iba a llegar".
En canto ao xogador, "tiene pequeños síntomas pero se encuentra bien", está na súa casa, igual que o resto do persoal e corpo técnico."Hay que hacer cuarentena por el contacto estrecho con el positivo", explica Jabato, que está á espera de que o martes lles digan cales son os seguintes pasos que deben dar e se lles volverán a facer as probas, xa que "la intención del club es repetirlas y así garantizar la vuelta a los entrenamientos".
Unha volta aos adestramentos e á liga que está marcada polo uso ou non das máscaras. Aínda que se ha visto que no duelo de Liga Asobal entre o Ademar de León e o Sinfín de Santander que ambos os equipos xogaron con máscara debido á nova normativa da Junta de Castilla y León a pesar de que os xogadores deran negativo nos test realizados horas antes, é unha opción coa que o técnico cisneísta non está de acordo.
"Soy defensor de que se pueda jugar, pero la situación sanitaria obliga a replantearse las cosas", admite. "Las mascarillas hay que usarlas siempre y cuando estén testadas, tienen que adaptarse y no ocasionar problemas respiratorios", por iso rexeita o uso das máscaras cirúrxicas: "no es una opción".
Relacionadas:
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
Os contaxios por Covid no Cisne ascenden xa a 4 con medio equipo á espera dos resultados das súas PCR
Por Diego Espiño |
-
Dous novos positivos por Covid no Cisne despois de 12 días de confinamento
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Nove meses despois, Jabato e os Hispanos Xuvenís póñense en marcha cunha concentración en Madrid
Por Redacción |
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Preciado, citado a unha concentración da Selección Española Júnior
Por Redacción |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o Logroño-Cisne polo confinamento do equipo pontevedrés e no aire a seguinte xornada por 17 positivos en COVID no Nava
Por Diego Espiño |
-
Inquietude no Cisne polos síntomas compatibles con COVID de varios xogadores do Cuenca tras xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un Cisne de dúas caras queda ao bordo da remontada fronte ao Cuenca (29-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |