Aaron Mariño e Adrián Barros, os mellores do Froiz no final da Copa de España Elite-Sub23
Por Redacción
O 49º Memorial Valenciaga puxo o broche de ouro á Copa de España Elite-Sub23 de ciclismo en estrada na que competiu o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
O tempo non acompañou durante a carreira, pero os corredores saíron con ganas de disputar a última proba da competición, onde a fuga non se consolidou ata chegar ao quilómetro 35 de carreira formado polo cuarteto formado por Alex Díaz (Grupo Eulen), Ramón Fernández (Aluminios Cortizo), Miquel Valls (Tenerife Bike) e Miguel Moya ( GSport).
Por detrás deles, baixo un ritmo marcado polo Lizarte, o corredor do super Froiz, Abel Franco, seguido de seis máis, alcanzaron ao grupo que ía na cabeza no descenso de Aia, pero a fortuna non estaba a favor do grupo pontevedrés e foise quedando sen representantes antes de finalizar a carreira.
Os únicos que alcanzaron a meta foron os Sub23 Aaron Mariño e Adrián Barros. Mariño alcanzou a meta en 18 posición na xeral (15 na Sub23) a 1:03 por detrás do primeiro clasificado, o Sub23 Jon Barrenetxea ( Baqué Team, 3:57:38). Mentres, Barros, chegou no posto 37 na xeral (31 na Sub23), a 3:06 do vasco.
Consulta a clasificación xeral na seguinte ligazón.
Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) - Copa Deputación de Ourense
O ciclista do Froiz, Samuel Blanco, defenderá o título da categoría reina masculina do campionato de contrarreloxo este luns en Ourense.
O Club Ciclista ADO Moure e a Federación Galega organizan esta cita na que se poñerá en práctica o protocolo da nova normalidade do ciclismo.
O circuíto comezará e concluirán no lugar dos Milagres do Medo e poderá dividirse en dous partes. Segundo explicou Guillermo Sander, director técnico da Federación, a primeira parte de 5km é "moi técnica e o máis importante non é a velocidade, senón as habilidades do ciclista", mentres que no segundo "primará a forza".
Relacionadas:
-
"Inmellorable" peche de tempada para o Supermercados Froiz coa Vuelta a Extremadura
Por Redacción |
-
Final de tempada para o Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz, dominador do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
As caídas deixan sen opcións o Froiz na Clásica de Torredonjimeno
Por Redacción |
-
O Froiz comparte coa Deputación o "momento apoteósico" que supuxo triunfo no Campionato de España
Por Redacción |
-
Manzaneda, de novo refuxio do Froiz para preparar o tramo final da tempada
Por Redacción |