Sen positivos por COVID no que ía ser o rival do Teucro esta fin de semana, o Sant Martí Adrianenc
Por Almu Dapena
Sete posibles casos de covid-19 obrigaron a aprazar o partido que se ía a disputar este sábado 10 de outubro entre a Sociedad Deportiva Teucro e o Sant Martí Adrianenc no Pavillón Municipal dos Deportes.
Tratábase da terceira xornada de competición da División de Honra Prata pero, ante o risco que supoñía para o resto de xogadores, tomouse a decisión de cambiar a data e someter a PCR aos posibles contagios e pasar o período de confinamento.
Tras realizar as devanditas probas, o club catalán comunicou a través das súas redes sociais que os xogadores "han dado negativo".
COMUNICAT OFICIAL I L'Handbol Sant Martí Adrianenc vol confirmar que els PCR del #DHPlataMasc han donat NEGATIU.
— Handbol Sant Martí Adrianenc (@SAdrianenc) October 9, 2020
-
Confirmamos que los PCR del #DHPlataMasc han dado NEGATIVO. #OrgullLila@marca @btvesports @mundodeportivo @CatHandbol @sport @RFEBalonmano pic.twitter.com/K9C5YDWMhS
Pola súa banda, o Teucro aproveitou a xornada de descanso para seguir traballando e preparar o próximo partido de liga no que se enfrontarán ao Bordils. A preparación centrouse nunha sesión de vídeo e traballo en pista.
Relacionadas:
-
Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Ángel Iglesias volve ao Teucro para "echar una mano" ata final de ano
Por Diego Espiño |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Mal comezo en liga para o Teucro, que non pode co Burgos e perde 25-27
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |