A fase final da Copa Galicia Feminina de baloncesto xogarase en Marín
Por Redacción
O Pavillón Municipal da Raña, en Marín, será sede da Fase Final da XXXIV Copa Galicia Sénior Feminina.
Así o anunciou este xoves a Federación Galega de Baloncesto, que organizará os encontros da fase final en colaboración do Concello de Marín e do Peixe Galego.
Esta designación supón que o pavillón marinense acollerá xa o vindeiro luns 12 de outubro a semifinal da competición entre Baxi Ferrol e Celta Zorka, os dous mellores equipos da fase previa.
Este partido disputarase ás 18.30 horas a porta pechada pero con retransmisión a través da canle de streaming da Federación Galega (FEGABA TV).
Pola súa banda a final do torneo autonómico, para a que xa está clasificado o Durán Maquinaria Ensino pola súa condición de único equipo galego da máxima categoría nacional, farase de rogar ata o 16 de febreiro de 2021.