Un Cisne de dúas caras queda ao bordo da remontada fronte ao Cuenca (29-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Mellorou a súa imaxe o Dicsa Modular Cisne este mércores 7 de outubro, día no que se disputaba o encontro aprazado no seu día correspondente á primeira xornada da Liga Asobal, pero non lle chegou para puntuar lastrado por unha mala primeira metade.
Os pontevedreses recibían no Municipal a un dos equipos que mellor imaxe está a dar neste inicio de tempada, o Incarlopsa Cuenca Ciudad Encantada, nun choque comezou cun ritmo trepidante, inaugurando o marcador Javi Vázquez no primeiro ataque dos locais. Foi un espellismo e nun dicir amén o cadro conquense tomou a iniciativa no marcador, axudado por un Samuel Ibáñez na portería que só no primeiros catro minutos xa sumaba tres paradas, incluído un lanzamento de sete metros.
As imprecisións en ataque foron unha pesada laxa para os de Jabato desde os compases iniciais, e é que a cada perda ou erro no lanzamento o seu rival penalizábao con rápidas transicións e goles en situación vantaxosa.
Con 3-6 no marcador chegou unha acción que puido espertar ao Cisne, ao sufrir unha dobre exclusión, a Miguel Simón e ao banco, coa súa consecuente pena máxima (3-7) que contra prognóstico fixo tirar de coraxe aos pontevedreses. Tanto é así que cun gol de Preciado e tras aproveitar un erro en ataque dos visitantes, outro de Chapela sobre aviso de pasivo, volvían meterse no encontro (5-7).
Pouco durou esa sensación de remontada, xa que cun parcial de 0-3 ao seu favor o Cuenca forzaba o primeiro tempo morto do partido con 5-10 no electrónico (minuto 13).
Non axudaba nesta ocasión tampouco o 6-0 defensivo nin a portería, cun desacertado Jorge Villamarín que se foi ao banco co 6-12 sen realizar ningunha parada. Entraba na cancha no seu lugar o xoven Pablo González. Aínda así houbo que esperar ata o minuto 21 para ver a primeira atallada (9-15), claro que entón chegaron dúas máis case consecutivas que daban unha lixeira esperanza. Con todo o ataque seguía sen mostrar a súa fluidez doutras xornadas e, salvo xogadas illadas, non daba coa tecla para desarmar o Ciudad Encantada.
Desta forma, e tras o segundo sete metros fallado polo Cisne, chegábase ao tempo de descanso con clara vantaxe visitante por 11 a 17.
Non pintaba ben a cousa, aínda que quedaban por diante 30 minutos e o equipo local non estaba polo labor de tirar a toalla. Jabato conseguiu reanimar aos seus empezando por axustar a intensidade defensiva e empezar a poñer en maiores problemas ao ataque rival. Con esa receita a portería empezaba de novo a achegar e o máis importante, o Cisne conseguía por primeira vez no partido correr ao contraataque.
A distancia íase acurtando e o adestrador visitante decidía pedir tempo morto para tentar cortar a dinámica (16-20). Non o logrou e o Cisne axustou aínda máis o marcador cun gol á contra de Andrés que poñía o 20-22.
O duelo igualouse en xogo, aínda non no marcador froito da desvantaxe coa que comezou a segunda metade. Iso si, o Cuenca defendíase con uñas e dentes non permitindo aos pontevedreses ameazar co empate.
A pesar desa resistencia o Cisne non renunciaba no seu empeño e seguía insistindo. Así tras varias opcións desperdiciadas e tamén accións ara a polémica o conxunto branco conseguía ao fin poñerse a só 1 gol a falta de 6 minutos (25-26), coa bancada e os seus 100 afeccionados (os permitidos polo protocolo) máis acendidos que nunca.
A remontada parecía preto, tamén co 26-27 conseguido por Chan, pero faltou a culminación. O Ciudad Encantada tirou de experiencia para seguir mantendo a iniciativa e ao mínimo erro do Cisne, penalizar cuns goles que terminarían sendo decisivos, ata que un sete metros transformado por Moya acabou po finiquitar a contenda (28-31). Só quedaba tempo xa para maquillar o resultado co 29-32 final.
Unha derrota para o Cisne que debe polo menos servir para extraer conclusións e recobrar a confianza no seu xogo, porque co nivel mostrado na segunda metade poden competir contra case calquera equipo da categoría.
DICSA MODULAR CISNE (29): Jorge Villamarín, Álex Chan (4), Andrés Sánchez (5), Javi Vázquez (3), Jose Leiras (1), Dani Ramos (3), Chapela (3) -siete inicial- Pablo Picallo (1), Preciado (7), Miguel Simón, Iván Calvo, Carlos Pombo, Pablo Gayoso, Alejando Conde, Carlos Álvarez (2), Pablo González.
INCARLOPSA CUENCA (32): Samuel Ibáñez, Vainstein (3), Thiago Alves (7), Carlos Fernández, Bulzamini (2), Moya (6, 4p), Sergio López (4) -siete inicial- Simonet (4), Doldan (5), Marcos Herráiz, Hugo López (1), Pizarro, Taravilla.
Árbitros: Soria Fabián y Monjo Ortega. Excluyeron a Miguel Simón y Chapela en el Cisne y a Carlos Fernández (2), Hugo López, Sergio López, Bulzamini, Thiago Alves y Simonet en el Cuenca. También descalificaron a Iván Calvo (3 exclusiones) mostraron dos exclusiones al banquillo local.
Marcador cada cinco minutos: 2-3, 4-7, 5-11, 8-15, 10-15, 11-17, descanso, 14-18, 16-20, 21-23, 23-25, 26-27, 29-32.
Incidencias: Partido aplazado correspondiente a la jornada 1 de la Liga Asobal disputado en el Pabellón Municipal de los Deportes de Pontevedra ante 100 espectadores, límite establecido por las medidas de restricción por el COVID.
Relacionadas:
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Preciado, citado a unha concentración da Selección Española Júnior
Por Redacción |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jabato, sobre o uso de máscaras no balonmán tras o positivo en COVID do xogador do Cisne: "no es una opción"
Por Almu Dapena |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o Logroño-Cisne polo confinamento do equipo pontevedrés e no aire a seguinte xornada por 17 positivos en COVID no Nava
Por Diego Espiño |
-
Inquietude no Cisne polos síntomas compatibles con COVID de varios xogadores do Cuenca tras xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Axentes da Policía Local tentaron parar o Cisne-Cuenca ao entender que non se podía celebrar con público
Por Diego Espiño |
-
Oportunidade de reválida para o Cisne na visita do Ciudad Encantada ao Municipal
Por Redacción |
-
Golpe de realidade para o Cisne que se estrela contra un Huesca moi superior (24-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A falta de fol deixa o Cisne co mel nos beizos e cae co Anaitasuna por 26-21
Por Almu Dapena |
-
O Cisne estréase na casa con derrota fronte ao BM Puerto Sagunto (26-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |