Final de mercado sen sorpresas no Pontevedra e mirando cara a casa
Por Diego Espiño
Era o esperado, pero co mercado aberto sempre pode saltar algunha sorpresa de última hora.
Tanto Roberto Feáns como Jesús Ramos non se pechaban de todo á posibilidade de fichar algún futbolista sub-23 para pechar o plantel, pero recoñecían que a solución podía estar na casa, nos mozos de categorías inferiores que adestran desde o primeiro día de pretempada co primeiro equipo.
Así foi finalmente e o Pontevedra non concretou ningunha operación nas últimas horas dun mercado que pechou oficialmente este luns 5 de outubro.
Todas as fichas sénior, 16, estaban xa ocupadas con Mario Fernández, Churre, Pol Bueso, Xisco Campos, Aitor Núñez, Zabaleta, Adrián Cruz, Romay, Imanol, Borja Martínez, Álex González, Jorge Fernández, Óscar Fernández, Oier Calvillo, Charles e Rufo. Pola súa banda tiñan dono dúas das licenzas para menores de 23 anos: Álvaro Cortés e Santi Figueroa.
Finalmente o corpo técnico decidiu que os outros futbolistas que pertencerán a todos os efectos ao primeiro plantel serán os atacantes Samu Vilariño e Martín Diz, xogadores que a pesar de non ser canteiráns estaban ligados desde a pasada campaña ao filial granate.
Esta decisión non evitará en todo caso que o resto de canteiráns que adestran en dinámica do primeiro equipo (Pacheco, Diego Dadín, Pablo López, David Veiga e Iñaki) poidan gozar de oportunidades en Segunda B ao longo da tempada, pero no seu caso ao continuar con ficha no Pontevedra B poderán competir en Preferente cando non sexan convocados por Jesús Ramos.
Relacionadas:
-
Unha pretempada solvente avala o Pontevedra ante o inicio da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo, sobre os obxectivos do Pontevedra: "Aspiramos a todo"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra presenta a súa esperada campaña de abonados coa idea de que "todos los socios entren en Pasarón"
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos: "Voume con moi boas sensacións. Plantámoslle cara de tu a tu ao Deportivo"
Por Diego Espiño |
-
A pretempada do Pontevedra continúa cos amigables ante Deportivo e Compostela
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o amigable entre UD Ourense e Pontevedra por un posible positivo en covid no conxunto ourensán
Por Almu Dapena |
-
Vitoria fronte ao Estradense (0-2) dun Pontevedra que suma tres de tres en pretempada
Por Redacción |
-
Estradense e UD Ourense, próximas paradas na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Jesús Berrocal queda en Pontevedra á espera de atopar un novo equipo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Jesús Ramos, sobre a chegada de máis reforzos ao Pontevedra: "Se cadra temos as solucións na canteira"
Por Diego Espiño |