O CGTD incorpora 6 colaboradores para a atención aos deportistas
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte que fai pública a lista definitiva das prazas concedidas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para o curso 2020/21.
En total concedéronse seis prazas de colaboradores (4 mulleres e 2 homes) co obxectivo de garantir a atención dos deportistas do centro con apoio tanto a nivel educativo como asistencial.
Os beneficiarios destas bolsas, que completan a súa formación como estudantes, dispoñerán de aloxamento e mantemento na residencia de luns a venres.
Ademais contarán con servizo de lavandería, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.
Trátase dunhas prazas que son compatibles con obtención de axudas ao estudo.