Mal comezo en liga para o Teucro, que non pode co Burgos e perde 25-27
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
A Sociedade Deportiva Teucro comezou a nova tempada na División de Honra Prata no Pavillón Municipal e arroupado por tan só sesenta espectadores.
Despois de dúas derrotas e dúas vitorias en pretemporada, o equipo dirixido por Irene Vilaboa recibiu ao Burgos, nun encontro que deu comezo ás 20:30 horas do sábado.
O primeiro gol tardou en chegar. Non foi ata case o minuto 4 cando o Burgos puxo o 0-1 que ao momento foi igualado por un dos capitáns do conxunto teucrista, Marco Dzokic. A continuación, o equipo visitante respondeu con dous goles seguidos, colocando o 1-3 nun marcador que se empezaba a poñer costa arriba, xa que, ao chegar ao minuto 11, o equipo visitante seguía marcando distancias e poñía o 4-8.
A resposta do Teucro non tardou en chegar e, cinco minutos despois, lograron colocarse a tan só un gol da igualada (min 17, 9-10). O rival era máis forte en defensa e a precipitación nos lanzamentos e os pases por parte dos azuis devolveron a vantaxe ao Burgos (9-13), obrigando a Irene Vilaboa a parar o cronómetro e reordenar as ideas dos seus. O tempo morto serviu de pouco xa que de novo o equipo visitante foi máis efectivo en ataque e púxose cunha diferenza de seis goles (min 25, 9-15), dando paso ao últimos cinco minutos de primeira parte onde o único que anotou foi Roi Sierra, que recortou distancias ao chegar ao descanso (10-15).
Despois do paso polo vestiario, o Teucro seguiu sen levantar cabeza. Diego Martínez e Víctor Deco tentaban manter ao seu equipo vivo no partido pero cada gol era respondido por un Burgos que apertaba o acelerador nos contragolpes e poñíase con seis goles por encima cando se chegaba ao minuto 13 (16-22).
Irene Vilaboa paraba o partido e os seus devolvían o golpe recibido en forma de catro goles (Dzokic, Sio e dous de Diego Martínez) que os metían de novo na disputa dos dous puntos ( min 19, 20-22).
Quedaban 5 minutos para o asubío final (22-25), o Teucro fallaba o lanzamento desde os sete metros que o mantiña vivo e o Burgos respondía co gol que os encarrilaba cara á vitoria (22-26). Remeseiro anotaba e Ernesto López facía o propio para o equipo visitante no momento no que se alcanzaba o último minuto de encontro.
O Teucro non daba o partido por perdido e seguiu pelexando ata o último suspiro, pero non quedaba tempo para moito máis. Victor Deco e Remeseiro recortaron a diferenza e puxeron o 25-27 co que se alcanzou o final.
A próxima xornada o Teucro buscará a súa primeira vitoria en Xirona, onde se enfrontará á Unión Deportiva Sarrià, equipo que tampouco sumou os seus primeiros dous puntos ao caer contra o Lalín por 25-28.
Consulta as estatísticas do Teucro-San Pablo Burgos na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Sen positivos por COVID no que ía ser o rival do Teucro esta fin de semana, o Sant Martí Adrianenc
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Ángel Iglesias volve ao Teucro para "echar una mano" ata final de ano
Por Diego Espiño |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Miguel Sio, Dzokic y Caue serán os capitáns do Teucro para esta tempada
Por Redacción |
-
O Teucro está listo para empezar a liga coa promesa de ser "un equipo diferente aos demais"
Por Manu Otero |