O CGTD pon en marcha o novo curso escolar coa chegada de todos os deportistas de tecnificación e rendemento
Por Redacción
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este venres as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para supervisar o inicio da tempada e acompañar aos novos deportistas nos seus primeiros días no centro. "Sodes a esperanza dunha xeración marcada polos desafíos e as dificultades, sodes os novos baluartes dunha sociedade que loita contra unha pandemia nunca antes vista, pero sodes tamén o vivo reflexo dos valores do deporte, do esforzo, do sacrificio, da constancia e da resiliencia”, díxolles o mandatario aos mozos e mozas recén chegados.
O inicio do curso no CGTD está a levarse a cabo de forma gradual para evitar aglomeracións. O mércores tivo lugar a presentación dos alumnos de bacharelato, o xoves, a de terceiro da ESO e segundo de bacharelato; e esta mañá foi a quenda dos de cuarto da ESO. "O escrupuloso comprimento por parte dos deportistas dos protocolos de actuación para evitar as situacións de contaxio da Covid-19", foi outro dos aspectos que quixo destacar o secretario neste inicio de curso, no que os recentemente chegados realizáronse test serolóxicos, que se irán repetindo cunha periodicidade de 15 días.
O CGTD terá nesta tempada un total de 168 prazas concedidas: 105 de tecnificación e 63 de rendemento, o que supón un 5 % máis de prazas con respecto ao ano anterior. As doce modalidades que contan con prazas no CGTD para a nova campaña son atletismo (marcha e lanzamentos), bádminton. ximnasia acrobática (trampolín e artística), judo, karate, loita, natación, piragüismo (augas bravas – slálom e augas tranquilas), remo, taekwondo, tríatlon e vela.
Relacionadas:
-
O aumento da incidencia obriga a aislar deportistas de todas as seccións do CGTD
Por Manu Otero |
-
Os equipos de natación e loita olímpica do CGTD, en corentena por dous casos positivos por Covid-19
Por Diego Espiño |
-
O CGTD incorpora 6 colaboradores para a atención aos deportistas
Por Redacción |
-
Os test serolóxicos realizados a deportistas e adestradores do CGTD, todos negativos
Por Redacción |
-
Horarios burbulla e restrición de espazos, medidas do CGTD para o inicio do curso académico
Por Almu Dapena |
-
O CGTD fai pública a lista de solicitantes mentres prepara o inicio do novo curso
Por Redacción |