Chegan as 'guerreiras' do Teucro: o club recupera o seu equipo absoluto feminino 35 anos despois
Por Alejandro Espiño
Aumenta a 'familia' teucrista. 35 anos despois, o Teucro recupera o seu equipo feminino absoluto. Así o anunciou o presidente do club, Carlos García-Alén, na presentación de David García Pichel como novo xogador do conxunto de División de Honor B masculina. A súa presentación terá lugar este sábado 31 de agosto ás 18.30 horas no Pabellón Municipal. Será cun triangular no que participarán tamén o Rasoeiro e o Lavadores.
A idea de recuperar o equipo, segundo Carlos García-Alén, estaba entre os plans da directiva desde facía tempo "porque las niñas que salían de juveniles no podían continuar su vida deportiva en el club y tenían que marcharse a otros equipos". Por iso, sinalou que "es importante que hayamos dado ese paso", especialmente porque recordou que na comarca de Pontevedra "no hay equipos femeninos absolutos".
García-Alén, tras reiterar que con este equipo o Teucro "apuesta por potenciar el balonmano femenino" máis aló de O Morrazo e o sur da provincia de Pontevedra, informou que, polo momento, o equipo feminino conta con "13 o 14" xogadoras, un número que queren ampliar para afrontar con garantías este proxecto que, inicialmente, competirá na Primeira División Autonómica.
Para iso, o Teucro estuda a celebración dun amigable, igual que fixo a tempada pasada co equipo masculino, contra a Brilat. "Sabemos que hay chicas en el cuartel que juegan al balonmano y queremos que se animen a entrenar y jugar con nosotros", adiantou o presidente do club pontevedrés. Trátase dunha iniciativa que esperan pechar con responsables de Defensa nos próximos días.
Na súa primeira tempada na Primeira División Autonómica, o Teucro feminino enfrontarase a outros trece equipos: Balonmano Ferrolterra, A.D. Carballal, Lavadores, B.M. Lalín, Pabellón Ourense, Balonmano Porriño, Rasoeiro, Balonmán Caselas, Bueu Atlético, Balonmán Tui, S.A.R. Redondela, Xiria e B.M. Camariñas. O primeiro partido oficial das pontevedresas será o 22 de setembro en Bueu. Debutarán na casa, unha semana despois, ante o Xiria.