Lydia Pérez viaxa a Sierra Nevada á primeira concentración post-Covid da loita olímpica nacional
Por Redacción
O Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sierra Nevada, en Granada, é o escenario elixido pola Federación Española de Loitas Olímpicas para a primeira concentración nacional post-Covid.
Na cita, que se prolongará ata o vindeiro domingo 27 de setembro, está presente Lydia Pérez Touriño, inmersa como está na súa preparación para buscar a clasificación para os Xogos de Tokyo.
A pontevedresa é das poucas loitadoras que puido exercitarse as últimas semanas con contacto, no seu caso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva precisamente polas súas aspiracións olímpicas. Non así as outras dous deportistas bolseiras polo CGTD que tamén viaxaron a Sierra Nevada, como son Nerea Iglesias (Escuela Ayude Santiago) e Nerea Pampín (Keltoi Vila de Cruces).
As tres tiveron que someterse a test serolóxicos de coronavirus antes de partir cara ao CAR, do mesmo xeito que o resto de 17 integrantes da selección nacional.
Unha vez alí, explica a Federación Galega de Loita, están previstas sete sesións de adestramento en tapiz sen máscara, que será obrigatoria para o resto do día a día. Iso si, os grupos están limitados a 4 deportistas sen posibilidade de cambios co obxectivo de funcionar como pequenas 'burbullas' no caso de contaxio. Ademais o control do servizo médico do CAR será diario.
Trátase de "o peor escenario posible para empezar a nova tempada", recoñece o director técnico da Federación Galega, Pablo Pintos, coa esperanza de que esta primeira actividade se mostre segura e marque un punto de inflexión para un deporte de contacto como a loita olímpica.
Relacionadas:
-
Experiencia sen fortuna para Lydia Pérez na Copa do Mundo de Loita en Serbia
Por Redacción |
-
Convocan a Lydia Pérez para participar nun torneo internacional en Polonia, a súa primeira competición desde marzo
Por Redacción |
-
A United World Wrestling rectifica e mantén o sistema de clasificación para Tokio 2021
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Os loitadores Pablo García e Noelia Lalín, adestramento en parella durante o confinamento
Por Redacción |