O Teucro está listo para empezar a liga coa promesa de ser "un equipo diferente aos demais"
Por Manu Otero
Dúas vitorias e dúas derrotas é o balance da pretemporada máis atípica dun Teucro que xa está preparado para comezar a liga. Farao o sábado no Municipal contra o Burgos "con moitas ganas de empezar despois de traballar moito e ben", declara a adestradora do primeiro equipo, Irene Vilaboa.
Consciente de que o inicio de liga chega talvez un pouco pronto, a preparadora móstrase satisfeita coa pretemporada realizada polos seus xogadores aos que ve adestrar a diario "con intensidade". "Imos ben, pero aínda hai cousas que cambiar", recoñece Vilaboa convencida do potencial dun equipo que sorprenderá na categoría.
"Será un equipo rápido, con saídas ao contraataque e cunha defensa intensa", define a máxima responsable do corpo técnico teucrista que debutará este ano como adestradora en División de Honra Prata. Aínda que "nos faría falta máis tempo" para asentar todos os novos conceptos, Irene Vilaboa está convencida de que o seu equipo presentará sobre a cancha unha proposta "diferente á do resto de equipos".
O Burgos será o primeiro equipo en poñer a proba aos pontevedreses. Farano o sábado a partir das 20.30 horas no Pavillón Municipal, a cuxo interior só poderán acceder sesenta espectadores como consecuencia da limitación de aforo pola complicada situación sanitaria que atravesa a cidade.
Relacionadas:
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Mal comezo en liga para o Teucro, que non pode co Burgos e perde 25-27
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Miguel Sio, Dzokic y Caue serán os capitáns do Teucro para esta tempada
Por Redacción |
-
O Teucro pon fin á pretempada con vitoria sobre o Chapela (16-22) e derrota contra o Sant Joan de Alacante (21-22)
Por Redacción |
-
Vitoria do Teucro fronte ao Balonmán Cañiza no seu segundo partido de pretempada (27-31)
Por Redacción |
-
Derrota do Teucro no amigable ante o Atlético Novás tras unha desastrosa primeira metade (30-21)
Por Almu Dapena |