O Poio Pescamar buscará o pase á final da Copa Galicia unha semana antes do inicio da liga
Por Manu Otero
Volve a Copa Galicia de fútbol sala. O campionato autonómico quedou suspendido en marzo deste ano despois do estalido da pandemia e recuperarase no mes de outubro coa o disputa dos partidos de volta das semifinais. O Poio Pescamar, despois de empatar a cero na ida na Seca, nun partido marcado por un forte golpe na cabeza da gardameta Silvia Aguete polo que tivo que ser evacuada ao hospital; buscará o pase á final o 10 de outubro no feudo do Ourense Envialia.
A Real Federación Galega de Fútbol fixo público este martes o novo calendario para concluír a cita autonómica da pasada campaña tanto no fútbol sala masculino como o feminino. Con esta decisión, a Futgal non só poñerá un final a unha competición que quedara en suspenso, senón que os equipos terán un test serio antes do inicio das ligas.
O cadro conserveiro comezará a nova tempada o 17 de outubro visitando ao Roldán, un debut que poderá preparar coa disputa dun partido oficial e esixente a semana previa cun rival directo na loita pola zona alta da máxima división do fútbol sala feminino.
O partido está previsto para o 10 de outubro ás 18.30 horas no pavillón dos Remedios, mentres que a outra semifinal, entre o Burela e o Viaxes Amarelle, resolverase de forma simultánea na Mariña.
A sede da final darase a coñecer unha vez resólvanse as semifinais, e desde a RFGF comunican que a celebración da Copa Galicia correspondente á tempada 2020/2021 está aínda no aire e dependerá da evolución da situación sanitaria.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar recibe o Roldán no seu primeiro partido oficial en sete meses
Por Redacción |
-
A Primeira División de fútbol sala feminino reestrutúrase en dous grupos ante a incidencia da covid-19
Por Diego Espiño |
-
Goleada do Poio Pescamar no segundo partido de pretemporada ante o Viaxes Amarelle (6-2)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Empate para o Poio Pescamar fronte ao Burela (2-2) no seu primeiro amigable de pretempada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Sorteado o calendario de liga para o Poio Pescamar, con estrea na cancha do Roldán
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar mudarase a Príncipe Felipe mentres duren as obras na Seca
Por Diego Espiño |
-
Dúbidas no inicio de pretempada para o Poio Pescamar, que busca polo menos un reforzo máis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Silvia Aguete dá o susto no empate entre Poio Pescamar e Ourense en Copa Galicia (0-0)
Por Redacción |