Esperada estrea do Cisne na casa en busca da súa segunda vitoria na Liga Asobal
Por Redacción
O Dicsa Modular Cisne conta as horas para o que será o seu terceiro partido na máxima categoría e o primeiro que disputará na casa, o Pavillón Municipal dos Deportes.
O cadro pontevedrés recibirá esta sábado (16.30 horas, TVG2), a outro teórico rival directo como é o BM Puerto Sagunto, na busca dunha segunda segunda vitoria consecutiva que de continuidade ao feito no derbi contra o Cangas e confirme non só o seu bo arranque de competición, senón que chegou á Liga Asobal para quedar.
Se o Cisne chega á cita con 2 puntos no seu haber, o seu rival faio con só 1, tras ceder no seu primeiro partido fronte ao Atlético Valladolid e empatado a pasada fin de semana contra o Benidorm.
Non será en todo caso un reto sinxelo, ningún o é na categoría, e é que "ellos son un equipo fuerte en defensa, de altura y envergadura", analiza o segundo adestrador cisneísta, Quiños, e ademais posúen un "gran poder de lanzamiento" en ataque.
Por iso unha das claves, prognostica o técnico, será "saber moverlos para encontrar los espacios", xa que "todo o que sexa ir ás guerras individuais dun contra un terémolo máis complicado".
A estrea do Cisne como local contará con público nas bancadas do Municipal, aínda que será só 60 os abonados que poderán presenciar en directo o histórico partido debido ás restricións impostas na cidade pola situación sanitaria actual, con Pontevedra como zona de especial restrición.
Relacionadas:
-
O Anaitasuna de Quique Domínguez, que aínda non coñece a vitoria, recibe a visita do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne estréase na casa con derrota fronte ao BM Puerto Sagunto (26-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O aforo do Municipal para o primeiro partido en casa do Cisne queda restrinxido a 60 espectadores
Por Redacción |
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Honroso debut do Cisne en Asobal a pesar da súa derrota fronte o Granollers (27-21)
Por Redacción |