A Tripla Coroa Illas Atlánticas pon data á travesía aprazada entre Ons e Combarro: 4 de setembro de 2021
Por Redacción
A organización da proba de natación de longa distancia Tripla Coroa Illas Atlánticas, a empresa Atlantic Extrem Sports, puxo data para a celebración da última travesía da súa segunda edición, entre a Illa de Ons e Combarro, que foi aprazada pola situación sanitaria.
Finalmente decidiron que a proba, de 23 quilómetros de percorrido, teña lugar o 4 de setembro de 2021.
"A seguridade é o noso principal obxectivo e por iso tivemos que aprazala ao próximo ano para garantir a máxima seguridade dos nadadores e todo o equipo organizativo", afirma Beatriz Alvariño, directora da organización.
Ata o momento 105 nadadores completaron as dúas citas anteriores disputadas en 2018 entre as Cíes e Baiona (15 km) e 2019 entre O Grove-O Grove (13 km).
A travesía a nado entre Ons e Combarro será a última das tres probas que compoñen o desafío, sendo considerada como unha das travesías a nado máis duras de España pola súa distancia pero tamén polas dificultades que entraña a ría de Pontevedra en canto a correntes, ondada ou a temperatura da auga.
Relacionadas:
-
120 deportistas nadarán este sábado desde Ons a Combarro
Por Redacción |
-
Embarcacións tradicionais para asistir, entre Ons e Combarro, aos nadadores da Tripla Coroa
Por Redacción |
-
A travesía a nado entre Ons e Combarro abre inscricións cun límite de 120 prazas pola covid
Por Redacción |
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |