A RFEF aclara a nova 2ª B: os tres primeiros de cada grupo terán que superar unha segunda fase e un play-off para subir
Por Redacción
O novo sistema de competición da Segunda División B do fútbol español segue tomando forma. Nunha nova reunión mantida na sede da RFEF entre a directiva da entidade e os presidentes das federacións territoriais aprobouse sistema clasificatorio para esta tempada que comezará o 18 de outubro e da que aínda se descoñece o calendario que, prevén, farase público este martes.
A primeira fase da competición consistirá na resolución de cada un dos cinco grupos, con dez equipos cada un deles (salvo dous que teñen once) nun sistema de liga a dobre partido de todos contra todos.
Tras a conclusión da liga regular e en función da súa clasificación, os equipos volverán ser divididos para disputar unha nova fase na que estará en xogo o ascenso á Segunda División, o pase á Primeira RFEF (nome que finalmente terá a coñecida como Segunda B Pro), a permanencia ou o descenso.
Tras a primeira fase, 30 equipos formarán os 5 grupos de ascenso ao fútbol profesional. Estes conxuntos, que xa se aseguraron praza na futura Primeira RFEF, disputarán 6 xornadas nesta segunda fase. Arrástranse todos os puntos da primeira fase e xa non volverán xogar contra os rivais do subgrupo inicial. Deses 30 equipos, os 16 mellor clasificados pasarán a disputar o play off de ascenso na terceira e última fase, é dicir, os 3 primeiros de cada un dos 5 grupos de honra da segunda fase e o mellor cuarto (calculado por media de puntos).
Esta promoción de ascenso xogaríase nunha sede única, cos cruces conformados por clasificación (mellor contra peor) e habería que superar dúas eliminatorias para subir ao fútbol español.
O últimas dez prazas restantes para formar parte á campaña seguinte da Primeira RFEF, composta por dous grupos de vinte equipos, sairán do grupo intermedio da segunda fase. Os equipos clasificados na cuarta, quinta e sexta posición de cada subgrupo da primeira fase (e os dous sétimos das ligas de 11 equipos) se dividrián en 5 grupos con 32 equipos en total. O sistema será o mesmo que no grupo de honra (6 partidos, arrastrando puntos e xogando só contra os do outro subgrupo, que no caso dos equipos galegos será contra asturianos e castellanoleoneses). Os dous primeiros desa segunda liguiña lograrán os últimos billetes para a Primeira RFEF. O resto militarán na Segunda RFEF, a que será a cuarta categoría do fútbol español.
Os descensos a terceira tamén se decidirán dunha forma nova este curso. Tras as 18 xornadas da primeira fase, os catro últimos de cada subgrupo xogaranse na segunda eludir o descenso a Terceira. Formaranse cinco grupos con 40 equipos, dos que caerán 26 (os 5 últimos de cada liguiña e o peor sexto pola cola).
Pola contra, haberá 54 ascensos desde Terceira á Segunda RFEF, que no curso 2021-2022 contará con 90 equipos. A actual Terceira División pasará a chamarse na 21/22 Terceira RFEF (quinta categoría do fútbol español) e no caso de Galicia terá polo menos 17 equipos: 4 ascendidos desde Preferente e 13 que permanecesen en Terceira este curso (dos 24 actuais, 3 ascenden e 8 caerán a Preferente). No caso de que houbese descenso dalgún dos 6 equipos que esta campaña competirán en Segunda B, non habería arrastres e sumaríase a esta nómina. A RFEF obrigará a partir do curso 2022-2023 a que sexan 16.
Relacionadas:
-
A AFE comunica que os test de Covid serán obrigatorios antes de cada xornada de Segunda B e Terceira
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de Terceira: O Arosa debuta na casa contra o Arenteiro, o Ribadumia visita ao Ourense CF
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |
-
Aprobado o protocolo do Consello Superior de Deportes que regula a actividade do deporte non profesional
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol lanza a súa proposta para Preferente e confía en poder iniciar a liga o 31 de outubro
Por Redacción |
-
Lete Lasa asegura que non subir de 1.000 espectadores para clubs como o Pontevedra "sería abocalos ao peche"
Por Diego Espiño |