Acento pontevedrés no equipo nacional de piragüismo do Centro de Alto Rendemento de Sevilla
Por Redacción
A Federación Española de Piragüismo fixo público estes días o nome dos deportistas que integrarán esta tempada os diferentes equipos nacionais nos distintos centros de adestramento dos que dispón.
No máis importante deles, o Centro de Alto Rendemento (CEAR) de Sevilla, ata 8 padexeiros de clubs da comarca poñerán o acento pontevedrés.
Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar), Sergio Vallejo (Piragüismo Poio Pescamar) e Manuel Fontán (Naútico O Muíño) adestrarán todo o ano na cidade andaluza ás ordes do seleccionar de canoa Marcel Glavan. Compartirán sede de adestramento con Antía Jácome (EP Ciudad de Pontevedra), María de la Peña (EP Ciudad de Pontevedra), Antía Otero (EP Ciudad de Pontevedra) e María Pérez (Náutico O Muíño), que formarán parte do equipo feminino de canoa.
Pola súa banda no Centro de Tecnificación de Trasona, en Asturias, adestrarán dúas kaiakistas do Piragüismo Verducido-Pontillón, como son Anxo García e Mauro Domínguez, mentres que en Murcia terá a súa base a canoísta Valeria Oliveira (Breogán do Grove).
Non son en todo caso todos os representantes de nivel nacional e internacional de piragüismo pontevedrés, e é que algúns optaron por quedar en Galicia para continuar desde casa cos seus adestramentos.
Relacionadas:
-
Máis de medio milleiro de inscritos para a 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción |
-
A piragüista Antía Otero recibe o apoio do Concello de Marín
Por Redacción |
-
Antía Jácome e Antía Otero reciben o apoio do Concello e xa pensan no seu próximo obxectivo, o Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero vencen na Copa do Mundo en Hungría
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome, Antía Otero e David Barreiro tamén viaxarán a Hungría para disputar a Copa do Mundo de Sprint
Por Redacción |
-
O control selectivo para a Copa do Mundo de Szeged reúne en Verducido á elite do piragüismo nacional
Por Redacción |