Lete Lasa asegura que non subir de 1.000 espectadores para clubs como o Pontevedra "sería abocalos ao peche"
Por Diego Espiño
Empezarán as competicións con público nas bancadas? É a gran pregunta que se fan a día de hoxe a maioría de clubs deportivos, cuxos ingresos dependen en boa medida diso.
O inicio da Liga Asobal, con 300 espectadores no Gatañal nun partido do Cangas, abriu o camiño para o resto de deportes, aínda que actualmente a normativa autonómica establece unhas condicións restritivas que prexudicarían aos clubs con maior masa social. Isto é así porque o acordo do Consello de la Xunta do 11 de xuño, publicado despois no Diario Oficial de Galicia (DOG), sinala como posibilidade a asistencia de ata 1.000 espectadores a eventos deportivos en espazos abertos e 300 baixo teito.
Con todo "isto que pode solucionar gran parte dos aforos dos equipos de ámbito autonómico non lle soluciona o problema ao Pontevedra Club de Fútbol, que ten un aforo en Pasarón de 14.000 persoas e ten 4.000 socios ou 5.000, que fai con 1.000? Ou non lle soluciona ao Breogán que ten un aforo de 5.000 ou 6.000 persoas no pavillón e ten 4.000 socios, que facemos con 300 persoas?", explicou nunha entrevista no programa Zona Mixta da Radio Galega o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete.
Para o máximo responsable de deporte galego "unha resposta negativa" á ampliación de aforos para equipos de ligas non profesionais pero estrutura profesionalizada "sería abocarlos ao peche, destrozaríamos o deporte galego", salientou poñendo de exemplo ao conxunto pontevedrés da Segunda División B e ao Breogán de Lugo da Liga LEB Oro.
Chegados a este punto, Lete Lasa asegurou que deron pautas aos clubs para tentar establecer un aforo maior, sempre que a autoridade sanitaria o permita e que se cumpran as medias de seguridade pertinentes con distanciamento social, uso de máscara e medidas de hixiene.
"Moitos dos equipos, incluso os que teñen moitísimo presuposto de fútbol, un tercio polo menos dos seus ingresos depende do ticketing. Que equipo pode afrontar unha competición cun tercio ou a metade do orzamento do ano? É imposible", defendeu o Secretario Xeral para o Deporte.
Lete Lasa criticou a "incompetencia" do Consello Superior de Deportes ao non elaborar un protocolo a nivel nacional para as competicións non profesionais e pretender estender o aprobado pola liga de Fútbol Profesional co custo que iso supoñería para os clubs deportivos.
Relacionadas:
-
Sanidade segue sen autorizar a presenza de máis de 1.000 espectadores nos campos de Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Lete Lasa sinala que será Saúde Pública quen autorice a ampliación de aforo do estadio de Pasarón "pola vía da excepción"
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
A RFEF aclara a nova 2ª B: os tres primeiros de cada grupo terán que superar unha segunda fase e un play-off para subir
Por Redacción |
-
Mercé Barrientos e Jesús Benito presentan o seu libro 'Taekwondo. Técnica, táctica, estrategia, competición' no CGTD
Por Redacción |
-
Aprobado o protocolo do Consello Superior de Deportes que regula a actividade do deporte non profesional
Por Redacción |