O Froiz comparte coa Deputación o "momento apoteósico" que supuxo triunfo no Campionato de España
Por Redacción
Samuel Blanco, recente campión de España de ciclismo en ruta en categoría elite, protagonizou este martes unha recepción oficial na Deputación de Pontevedra.
O ciclista redondelano do Grupo Deportivo Supermercados Froiz entregou unha réplica da súa camisola de campión ao deputado provincial Gorka Gómez.
"Este triunfo foi un momento apoteósico e quixemos compartir a felicidade que sentimos coa Deputación, que sempre nos apoia", explicou no acto o director do equipo pontevedrés, Evaristo Portela.
O deputado provincial pola súa banda puxo en valor a todo o equipo do Froiz e ao seu rendemento nun ano tan complexo como o actual debido á pandemia, e aproveitou para anunciar a continuidade do patrocinio da institución coa escuadra alimenticia.
En canto ao protagonista deportivo, Samuel Blanco cualificou a súa vitoria no campionato nacional como un "triunfo traballado" e a pesar da súa recente caída en Cantabria fixou o que será o seu seguinte obxectivo, conseguir vencer na Volta a Galicia.
Relacionadas:
-
O Froiz despídese do seu campión de España, Samuel Blanco
Por Redacción |
-
Final de tempada para o Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz, dominador do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Aaron Mariño e Adrián Barros, os mellores do Froiz no final da Copa de España Elite-Sub23
Por Redacción |
-
As caídas deixan sen opcións o Froiz na Clásica de Torredonjimeno
Por Redacción |
-
Manzaneda, de novo refuxio do Froiz para preparar o tramo final da tempada
Por Redacción |
-
Caída e lesión para Samuel Blanco na súa estrea co maillot de campión de España no Froiz
Por Redacción |
-
Samuel Blanco, ciclista do Froiz, proclámase campión de España en Xaén
Por Redacción |