Outro cuarto posto para a Gimnástica na Copa de España, esta vez co equipo masculino
Por Almu Dapena
Boas sensacións para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra na segunda xornada da Copa de España disputada no Estadio de Vallehermoso, en Madrid.
A proba masculina comezou ás 10:30 do domingo co lanzamento de martelo. Nela participou Sergio Paredes, logrando un sexto posto cun mellor intento de 50.45 metros. En salto con pértega, Santi Ferrer saltou un máximo de 4,30 metros, outorgándolle a sexta posición.
Do mesmo xeito que o día anterior ocorreu cos 5.000 metros marcha de Antía Chamosa, foi nesta proba onde a Gimnástica conseguiu os primeiros puntos do día. Foi da man de Daniel Chamosa que, cun rexistro de 21:32.35, alcanzou a meta en primeira posición, mentres que Manuel Hurtado, en 3.000 metros lisos, logrou o bronce despois de cruzar a liña nun tempo de 8:32.36.
En salto de lonxitude, David Ferrer, cun mellor intento de 6,69 metros, logrou a quinta praza. Víctor Gallego en lanzamento de peso logrou a prata tras alcanzar a distancia de 14,89 metros con bíceps flexionado, mesma posición que o seu compañeiro Diego Casas, que lanzou o disco ata 53,57 metros.
O ouro tamén llo levou Raúl Pagán despois de realizar o mellor lanzamento de xavelina da mañan alcanzando a distancia de 60,71 metros. Raúl Cortizo, pola súa banda, logrou o quinto posto en salto de altura con 1,95 metros e Alfonso Palomanes, o cuarto en triplo salto con 14.82 metros.
En 400 metros, David Abalde acabou oitavo cun rexistro de 52,91 e o seu compañeiro Roberto Tello, na mesma distancia pero con valos, finalizou sexto cun tempo 58.02. Pola súa banda, David de la Fuente foi o primeiro en parar o cronómetro en 800 metros, entrando á meta para lograr o ouro con 1:53.98.
En velocidade, Gonzalo Sánchez-Camacho fixo 11.06 en 100 ml, o que lle outorgou a quinta praza. Eduardo Gallardo, en 200 ml chegou en oitava posición con 23:37, e Xisco López, en 110 metros valas, quedou ás portas do podio ao chegar á meta en 14.32.
A cuarta praza en 1500 metros foi para Carlos Porto, que, tras unha carreira moi táctica, parou o cronómetro en 4:09.30, mentres que Javier Andrés, en 3000 metros obstáculos logrou o sexto posto ao chegar en 10:03.72.
Con estes resultados, o equipo da Gimnástica finalmente conseguiu 93,5 puntos, o que lle outorgou a cuarta posición na clasificación xeral por equipos.
Relacionadas:
-
Dous atletas da Gimnástica conquistan o nacional de federacións autonómicas
Por Redacción |
-
Nove atletas da Gimnástica competiron no Campionato de España celebrado en Madrid
Por Redacción |
-
Ouro para Antía Chamosa e prata para Jean Marie Otuku no Campionato de España de Atletismo
Por Almu Dapena |
-
Cuarto posto para o equipo feminino da Gimnástica na Copa de España
Por Redacción |
-
A Gimnástica, satisfeita co resultado dos seus atletas no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |