Antía Jácome, Antía Otero e David Barreiro tamén viaxarán a Hungría para disputar a Copa do Mundo de Sprint
Por Redacción
Éxito dos padeeiros locais no test clasificatorio para a Copa do Mundo de Sprint celebrado no Pontillón do Castro (Verducido) esta fin de semana.
A competición, que finalizou este domingo, deixou como clasificadas ás deportistas do Ciudad de Pontevedra, Antía Jácome e Antía Otero, e a David Barreiro do Breogán do Grove, que se suman a Adrián Sieiro, clasificado en C2 1000.
Jácome, que competiu en C1 200, logrou unha segunda posición cun tempo 48s.309, por detrás da madrileña María Corbera que alcanzou a meta en 47s.629. En terceiro lugar chegou a júnior Antía Otero, pero só as dúas primeiras obtiveron praza para competir en Szeged (Hungría) os próximos 25, 26 e 27 de setembro. Corbera tamén foi a primeira en C1 500.
Así mesmo, aínda que Otero non se clasificou de maneira individual, si que se adxudicou a praza en C2 500 tras facerse coa vitoria na final xunto con con a súa compañeira de equipo, Jácome. Pola súa banda, o deportista do Grove, David Barreiro, tamén se clasificou para a única cita internacional da tempada tras chegar en primeiro lugar na final de C1 1000.
En K1 500, Alicia Heredia do Náutico de Palma e o galego Roi Rodríguez, do Kayak Tudense, tamén se adxudicaron unha praza para o Mundial tras chegar en primeiro lugar á meta. Asímismo, o deportista de Tui representará a España por partida dobre xa que, na final de K2 500 onde competiu co seu compañeiro de equipo, Albert Martí, logrou a primeira posición.
Pola súa banda, en K2 500 feminino, as vencedoras foron Begoña Lazkano do Donostia Kayak e Laia Pèlachs do Banyoles, obtendo o billete para representar a España na Copa do Mundo.
En C2 500 a vitoria foi para Sete Benavides (UCAM) que, xunto co seu compañeiro Toni Segura (Pollença), alcanzou a meta en primeiro lugar e viaxará a Hungría.
Consulta os resultados do test clasificatorio para a Copa do Mundo de Sprint na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Antía Jácome e Antía Otero vencen na Copa do Mundo en Hungría
Por Almu Dapena |
-
As dúas Antías da EP Cidade de Pontevedra desembarcan en Hungría para afrontar o reto máis importante do ano
Por Manu Otero |
-
Acento pontevedrés no equipo nacional de piragüismo do Centro de Alto Rendemento de Sevilla
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, clasificado para a Copa do Mundo de Sprint que se celebrará en Hungría
Por Redacción |
-
O control selectivo para a Copa do Mundo de Szeged reúne en Verducido á elite do piragüismo nacional
Por Redacción |
-
Xornada moi disputada no Campionato Galego de Novas Promesas no Pontillón do Castro
Por Cristina Saiz & Redacción |