Millán propón reactivar a Federación de Peñas do Pontevedra
Por Diego Espiño
Recuperar a Federación de Peñas do Pontevedra Club de Fútbol. ÿ a proposta trasladada polo recentemente nomeado conselleiro do club, José Antonio Millán, a representantes das peñas nunha reunión celebrada no Estadio Municipal de Pasarón.
Millán explicou aos afeccionados presentes os motivos da súa entrada no Consello de Administración, ademais de pedirlles apoio para o equipo nos primeiros partidos de liga, empezando polo ecuentro do próximo domingo ante o Choco.
A idea do conselleiro é que se reactive a Federación co apoio do Pontevedra pero funcionando de xeito independente, unha proposta que foi ben recibida polas nove peñas que actualmente están activas. Todas elas, que reúnen a uns 300 afeccionados, participaron en dito encontro, se ben dúas delas fixérono vía telefónica.
Ao mesmo tempo Millán trasladoulles o acordo adoptado no seo do Consello de Administración polo cal ofrecerán ás peñas volver contar cun local dentro do estadio onde poder celebrar as súas reunións e gardar material.
Ambas propostas foron ben recibidas polas peñas que se comprometeron a distribuirse as tarefas para refundar a Federación de Peñas.