O Pontevedra xa ten rivais: xogará contra galegos e equipos de Zamora e Salamanca
Por Diego Espiño
A Comisión de Presidentes de federacións autonómicas de fútbol decidiu este luns, cunha soa abstención e sen ningún voto en contra, propoñer a configuración da Segunda División B para a tempada 2020-21.
Nesa repartición de grupos e de subgrupos o Pontevedra Club de Fútbol estará encadrado dentro do Grupo I, Subgrupo A, xunto ao resto de equipos galegos e clubs das categorías de Zamora e Salamanca.
Desta forma os granates terán como rivais na primeira fase da competición a RC Deportivo, Coruxo, Celta B, Racing de Ferrol, Compostela, Zamora, Guijuelo, Unionistas e Salamanca CF UDS. Nesta fase, a falta de confirmar o sistema de competición, estará en xogo o primeiro corte que definirá os equipos que se pasarán a formar parte da Segunda B PRO e pelexarán polo ascenso a Segunda.
O resto de grupos de competición, que deberán ser ratificados pola Comisión Xestora da RFEF, é:
- GRUPO I (B): Covadonga, Marino de Luanco, Lealtad, Oviedo B, Sporting B, Langreso, Burgos, Cultural Leonesa, Valladolid Promesas, Numancia.
- GRUPO II (A): Arenas, Athletic B, Barakaldo, Portugalete, Alavés B, Real Sociedad B, Real Unión, Amorebieta, Leioa, Laredo, Real Racing Club.
- GRUPO II (B): Calahorra, Logroñés, Haro Deportivo, Izarra, Tudelano, Osasuna B, Mutilvera, Ebro, Tarazona, Ejea.
- GRUPO III (A): AE Prat, L'Hospitalet, Badalona, Andorra, Barcelona B, Gimnàstic de Tarragona, Lleida, Espanyol B, UE Cornellà, Llagostera, Olot.
- GRUPO III (B): Alcoyano, Atlético Levante, Atzeneta, La Nucía, Hércules, Orihuela, Valencia-Mestalla, Villarreal B, Peña Deportiva, Ibiza.
- GRUPO IV (A): Algeciras, Atlético Sanluqueño, Cádiz B, Marbella, Linense, Recreativo de Huelva, San Fernando, Tamaraceite, CD Marino, Las Palmas Atlético.
- GRUPO IV (B): Betis B, Recreativo Granada, Córdoba, El Ejido 2012, Linares, Sevilla Atlético, Lorca, Real Murcia, UCAM, Yeclano.
- GRUPO V (A): Navalcarnero, Rayo Majadahonda, Atlético Madrid B, Getafe B, Las Rozas, RM Castilla, Internacional de Madrid, SS de los Reyes, Atlético Baleares, Poblense.
- GRUPO V (B): Mérida, Badajoz, Don Benito, Villanovense, Extremadura, Melilla, Talavera, Villarrobledo, Socuéllamos, Villarrubia.
Relacionadas:
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos, sobre a chegada de máis reforzos ao Pontevedra: "Se cadra temos as solucións na canteira"
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: Unionistas de Salamanca CF, un ‘tapado’ ambicioso
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Celta B, renovación total coa esixencia de meterse na PRO
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Zamora CF tentará aproveitar a inercia do recentemente ascendido
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O CD Guijuelo: un equipo con bo trato de balón
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Coruxo FC, ante o reto de reinventarse
Por Diego Espiño |
-
Acordo con Álvaro Naveira para a súa saída do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Racing de Ferrol quere volver á Segunda División
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Salamanca CF UDS, entre a ambición e a inestabilidade
Por Redacción |
-
Xisco Campos: "Creo que o Pontevedra ten un proxecto que ilusiona. Foi moi fácil decidirme"
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Eu creo que este ano ten que ser"
Por Diego Espiño |
-
18 de outubro, data de inicio para Segunda B e Terceira División
Por Redacción |
-
Charles volverá lucir o 18 na súa volta a Pasarón e Romay herda o 10 que deixou Bustos
Por Manu Otero |
-
Ibrahim Baptiste volve ao primeiro equipo do Pontevedra como axudante de Jesús Ramos
Por Manu Otero |
-
Mestura de ilusión e preocupación na volta ao traballo do Pontevedra
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra 20/21 ponse en marcha
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra atopa substituto para Bustos, o extremo Jorge Fernández
Por Almu Dapena |