Santi Malvar cólgase a prata no Europeo de parataekwondo en Bucarest
Por Diego Espiño
O pontevedrés Santi Malvar logrou a medalla de prata no Campionato de Europa de Parataekwondo que se celebra estes días na cidade romanesa de Bucarest.
O deportista do Mace Sport, que xa lograra un bronce europeo hai dous anos en Moscú e outro no Mundial de Aruba de 2012, só cedeu na final ante o representante ruso na categoría A6 -80 quilos.
No mesmo campionato pero na categoría A6 -58 quilos outro galego, o ribeirense Álex Vidal, colgouse a medalla de bronce.