O Campionato de España Sprint de Tríatlon pasa a ser contrarreloxo en categoría elite polas restricións do Covid
Por Diego Espiño
A poucas horas de que de comezo, o Campionato de España Sprint de Tríatlon que vai acoller Pontevedra este sábado 22 e domingo 23 de agosto tivo que adaptar o seu formato para adaptarse á normativa vixente a nivel autonómico en relación á práctica deportiva.
A pesar dos intentos de manter as carreiras en formato tradicional, con saída conxunta, nas categorías elite, finalmente a Federación Española de Tríatlon anunciou que a competición se disputará en formato contrarreloxo, é dicir, con saída individual para cada deportista para reducir ao máximo o contacto co resto de participantes.
Os grupos de idade e próbalas cadete e júnior xa estaban planificadas en formato de loita contra o crono, pero non así as carreiras absolutas e o paratríatlon, que tamén cambia a contrarreloxo.
"La decisión que hemos tomado es que la salida será en formato contrarreloj. Serán decisiones que en algún caso gustarán y en otros no gustarán pero ahora mismo tenemos que actuar con responsabilidad de acuerdo a las normas que rigen en la comunidad de Galicia y eso implica distancia interpersonal en todo momento, no puede haber contacto", explicou na reunión previa ao evento o director técnico da Federación Española, Jorge García.
"Hemos tenido que estar tomar decisiones a contrarreloj porque la situación cambia, incluso ha cambiado desde hace una semana", xustificou o responsable federativo, que pediu a comprensión e o apoio aos deportistas ante unha situación excepcional como a actual valorando o esforzo que Pontevedra realiza para acoller a primeira gran competición nacional de tríatlon tras a irrupción da pandemia.
Este será o único cambio no programa do Nacional Sprint, que polo demais mantén os seus horarios comezando na matinal do sábado (9:00 horas) coa categoría cadete, continuando co paratríatlon (12:00 horas) e os grupos de idade (16:00 horas). Pola súa banda o domingo 23 será a quenda das carreiras elite masculina (9:00 horas) e feminina (10:45 horas), finalizando coa categoría júnior (12:15 e 13:00 horas).
O circuíto, como é habitual, terá o seu punto central na contorna da ponte dos Tirantes, aínda que estará valado de maneira perimetral para impedir o acceso do público, xa que as probas só poderán seguirse a través do streaming de LaLigaSports.
Relacionadas:
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción |
-
Anna Godoy arrasa no Nacional Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remata a primeira xornada do Campionato de España Sprint de Tríatlon marcado polo Covid
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Saleta Castro cambia o Nacional Sprint de Pontevedra pola Alps Epic, unha proba de resistencia nos Alpes
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra blíndase ao tráfico peonil e rodado para organizar a primeira gran competición deportiva da pandemia
Por Manu Otero |
-
Sen público e con circuíto pechado pero coa emoción de sempre: Pontevedra presenta o Nacional Sprint de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Iván Raña e Tamara Gómez encabezan a lista de rexistrados para o Campionato de España de Tríatlon de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Concello confirma a celebración do nacional de tríatlon con estritas medidas de seguridade e sen público
Por Manu Otero |