O Arosa ficha a Fajardo e Ross do Arenteiro, recupera a Pillado e pesca ao xuvenil Piay

Por Redacción

© Arosa SC

© Arosa SC

© Arosa SC
Rematado o capítulo de renovacións e baixas, o Arosa comeza a moverse no mercado de fichaxes para reforzar un persoal que a próxima tempada volverá tentar meterse entre os catro primeiros para optar ao ascenso a Segunda B. Este luns, o equipo que adestra Rafa Sáez fixo oficial a contratación de Martín Ross e Javier Piay, mentres que o pasado venres comunicara a fichaxe de Pablo Pillado e Jorge Fajardo.
Este último é un extremo esquerdo de 23 anos procedente do Arenteiro, onde destacou a pasada tempada. Antes pasara por equipos como o Ribadumia, o Alavés e o Boiro.
No mesmo caladoiro, pescaron os arousáns a Martín Ross. Un central zurdo capaz de desenvolverse con solvencia en varias posicións defensivas e mesmo como mediocampista de contención. O dominio do xogo aéreo é outra das fortalezas dun futbolista con pasado no Cultural Areas, Ourense CF, Rápido de Bouzas e As Pontes.
Máis coñecido para a afección arlequinada é Pablo Picallo, o mediocentro que xa vestido a camiseta do Arosa na tempada 2013/2014 regresa á que foi a súa casa. Defendeu tamén cores de Estremadura, Boiro, CD Ourense, Celta ou Céltiga.
Con menos experiencia na Terceira División que os outros fichaxes chega Javier Piay. Un prometedor defensor procedente da canteira do Celta, o curso pasado xogou en Divisón de Honra cos xuvenís celestes, que se desenvolve en todas as posiviones da liña defensiva. Destaca polo seu xogo aéreo e capacidade de anticipación.
Relacionadas:
-
O último amigable do Arosa sáldase cun empate 'in extremis' fronte ao Bergantiños (2-2)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa presenta o escudo do seu 75 aniversario
Por Redacción |
-
O Arosa ficha ao exgranate Campillo para apontoar a súa defensa
Por Redacción |
-
Manu Rodríguez, Iago Martínez e Trapero despídense do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa renova a Mon e Pacheco despídese por traballo
Por Redacción |
-
O Arosa mantén o bloque: Javi Otero, Joel Sanabria e Manu Táboas tamén renovan
Por Redacción |
-
Tres novas renovacións de golpe no Arosa: Adrián Gómez, Sidibé e Javi Fontán
Por Redacción |
-
Julio Rey, Rober Fernández, Sergio Cotilla e Pedro García estrean as renovacións no plantel do Arosa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rafa Sáez e o Arosa volverano tentar xuntos
Por Redacción |