O Ciudad de Pontevedra triunfa no Campionato Galego Sprint de piragüismo júnior
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Continúan as competicións no encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, coa celebración do Campionato Galego Sprint de piragüismo para sénior e xuvenís.
O primeiro día de probas foi este sábado, onde os deportistas de categoría xuvenil concentráronse de 10:00 ata as18:30 horas para competir en distancias de 200, 500 e 1000 metros.
Na final K1 200, o campión foi Raul Estévez (Kayak Tudense), ao que seguiron Roberto Piñeiro (Club Piragüismo Cambados) e Miguel Estévez (Kayak Tudense). Pola súa banda, en categoría feminina a vencedora foi Irene Lata (Club Ría de Betanzos), seguida en segundo lugar por Lucía Da Costa (Club Piragüismo Verducido-Pontillón) e en terceiro por Lua Cubiella (O Muíño).
En K1 500, Irene Lata quedou en primeiro lugar, mentres que Sara Durán (Club Cofradía Pescadores Portonovo) e Lucía Soutelo (Kayak Tudense) lograron un segundo e terceiro posto respectivamente e, en K1 1000, o vencedor foi Miguel Paz (Club Piragüismo Verducido-Pontillón), seguido de Jorge Massagues (Club Fluvial de Lugo) e de Pedro González (Ciudad de Pontevedra).
En K2 500, o dúo formado entre Nuria Romero e Lucía Soutelo foi o vencedor, Gema Alonso e Irene Lata quedaron en segundo lugar, mentres que Lucía Da Costa e Pilar Iglesias lograron o terceiro posto. En K2 1000, Jorge Massagues e Samuel Quiroga lograron o primeiro posto, Rubén de Diego e Diego Fernández (Club Ría de Betanzos) o segundo, e Pedro González e Noel Martínez (Ciudad de Pontevedra) o terceiro.
En K4 500 masculino o club vencedor foi o Fluvial de Lugo, seguido do Ribeiras do Tambre e do Ciudad de Pontevedra; mentres que en feminino, o primeiro posto foi para o Ría de Betanzos, do Náutico Pontecesures e do Ciudad de Lugo.
Diego Dominguez, do Breogán do Grove quedou en primeiro lugar na final do C1 200, seguido de Pablo Crespo (Ciudad de Pontevedra) e de Angel Fuego (Piragüismo Poio). Ángela Jorge (Ciudad de Pontevedra) quedou en primeiro lugar na competición feminina, Claudia Couto (Ciudad de Pontevedra) en segundo, Rosaía García (Club As Torres-Romería Vikinga) en terceiro.
En C1 1000, o Ciudad de Pontevedra repartiuse dobre podio co primeiro e segundo posto de Pablo Crespo e de Martin Jácome, respectivamente. O terceiro lugar foi para Diego Domínguez, do Breogán do Grove. Pola súa banda, en C2 1000 Pablo Crespo volveu lograr un primeiro posto, esta vez co seu compañeiro de equipo Diego Piñeiro. Yoel Becerra e Raul Estévez (Club Nautico Rodeira de Cangas) quedaron en segundo lugar, e Martín Jácome e Rodrigo Villaverde (Ciudad de Pontevedra), en terceiro.
O Ciudad de Pontevedra en categoría masculina seguiu triunfando na competición por equipos quedando en primeiro lugar na final de C4 500, mentres que o Náutico Rodeira de Cangas e o Náutico Pontecesures quedando en segundo e terceiro posto.
En K2 mixto 500, Lucía Da Costa e Miguel Paz (Verducido-Pontillón) conseguiron o primeiro posto, Rubén de Diego e Irene Lata (Ría de Betanzos) o segundo, e Raul Estévez e Lucía Soutelo (Kayak Tudense) o terceiro; en C2 mixto 500, Anxo Paz e Antía Romero (Rías Baixas-Boiro) quedaron en primeiro lugar, Manuel Bouzón e Rosalía García (Club As Torres-Romería Vikinga) en segundo e o dúo formado entre Diego Vidal e Claudia Miguens (Rías Baixas-Boiro) en terceiro.
En canto á gran cita do domingo, comezará ás 9:30 horas, onde os grandes padeeiros galegos entre os que se atopan Roi Rodríguez, Tono Campos, Óscar Graña, Adrián Sieiro, David Barreiro, Diego Romero, Pablo Graña, Antía Jácome, Sara Ouzande ou Jennifer Casal, competirán para levar o título autonómico máis disputado ata o momento.
Consulta os resultados do sábado na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Xornada moi disputada no Campionato Galego de Novas Promesas no Pontillón do Castro
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Verducido acolle esta fin de semana o campionato galego de novas promesas
Por Redacción |
-
Primeira posición para o Ciudad de Pontevedra no Descenso Internacional do Miño
Por Redacción |
-
Punto e final ao Campionato Galego de Verducido con claro dominio do Ciudad de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A Covid-19 leva a Verducido o campionato galego de piragüismo con máis nivel dos últimos anos
Por Manu Otero |
-
O piragüismo nacional suspende as súas competicións, entre elas tres probas en Verducido
Por Redacción |