As obras no pavillón de A Seca obriga ao Concello a buscar alternativas para os clubes
Por Redacción
A concelleira de Deportes de Poio, Marga Caldas, mantivo esta semana unha reunión con representantes dos clubs que utilizan habitualmente as instalacións do pavillón polideportivo da Seca, na parroquia de San Xoán, para falar de posibles alternativas para acoller as sesións de adestramento unha vez que empecen as obras de substitución da cuberta da infraestrutura.
Trátase dunha actuación que dará comezo nos vindeiros meses, coa temporada deportiva xa iniciada, polo que o Concello quere facilitar, aos e ás deportistas afectadas, emprazamentos nos que poder adestrar e competir. Neste sentido, ademais de facer uso doutras instalacións que xa existen no municipio poiense, Caldas ofreceuse a falar con Concellos da bisbarra, para solicitar a utilización doutros pavillóns.
A edil nacionalista explicou que durante a reunión falouse, asemade, de fórmulas para axudar aos clubs en cuestións como o desprazamento. "Unha opción é habilitar autobuses, cumprindo debidamente coas medidas decretadas contra a Covid-19", aseverou.
A maiores, a integrante do Goberno local tamén ten previsto convocar a todos os clubs e entidades que forman parte do deporte base local a finais deste mes de agosto, de cara a analizar como se presenta a vindeira tempada, cuxo desenvolvemento dependerá en grande medida da evolución que experimente a pandemia. Tamén se informará aos colectivos dos protocolos de seguridade que establecen as federacións de cada modalidade deportiva.
Relacionadas:
-
Poio pacta cos clubs iniciar as escolas deportivas a partir do 1 de outubro
Por Redacción |
-
A remodelación da cuberta do pavillón polideportivo da Seca comezará nos vindeiros días
Por Redacción |
-
O Pavillón da Seca e o ximnasio municipal mellorarán as instalacións antes de finais de 2021
Por Redacción |