Manu Rodríguez, Iago Martínez e Trapero despídense do Arosa

Por Redacción
Máis baixas para o novo proxecto deportivo do Arosa co que volverá tentar dar o salto á Segunda B. Despois do adeus de Carlos Pacheco por incompatibilidade da súa vida laboral e deportiva, son agora Manu Rodríguez, Iago Martínez e Alberto Trapero os que se desvinculan do club.
A imposibilidade de chegar a un acordo que satisfixera a ambas as partes foi a que desencadeou a marcha dun dos homes máis importantes do plantel arlequinado nas últimas campañas. Manu Rodríguez e o Arosa separan os seus camiños. "Agradecemos as dúas tempadas que estivo a defender as nosas cores. Será imposible borrar a súa pegada tanto dentro como fose do campo", confesa o presidente Manuel Abalo no seu escrito de despedida a un dos capitáns. "O Arosa sempre será a túa casa", remata.
En termos similares pronúncianse para dicir adeus a Iago Martínez e a Alberto Trapero. A implicación, enerxía e agarimo demostrado ao club é o que destaca a directiva do seu paso pola Lomba e desexan a ambos a mellor das sortes na súa nova etapa deportiva e persoal.
Relacionadas:
-
O Arosa presenta o escudo do seu 75 aniversario
Por Redacción |
-
O Arosa ficha ao exgranate Campillo para apontoar a súa defensa
Por Redacción |
-
O Arosa ficha a Fajardo e Ross do Arenteiro, recupera a Pillado e pesca ao xuvenil Piay
Por Redacción |
-
O Arosa renova a Mon e Pacheco despídese por traballo
Por Redacción |
-
O Arosa mantén o bloque: Javi Otero, Joel Sanabria e Manu Táboas tamén renovan
Por Redacción |
-
Tres novas renovacións de golpe no Arosa: Adrián Gómez, Sidibé e Javi Fontán
Por Redacción |
-
Julio Rey, Rober Fernández, Sergio Cotilla e Pedro García estrean as renovacións no plantel do Arosa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rafa Sáez e o Arosa volverano tentar xuntos
Por Redacción |