O atletismo galego reactívase cun control federativo en Pontevedra
Por Redacción
Tras os meses máis complicados da pandemia da COVID-19, o atletismo galego comeza a quentar motores para a súa progresiva volta ás pistas.
Coas olladas postas no Campionato de Galicia que se celebrará en Pontevedra os días 29 e 30 de agosto e o Campionato de España absoluto previsto os días 12 e 13 de setembro en Madrid, os atletas xa contan os días para volver.
A intención da Federación é que cada atleta poida competir polo menos nunha proba antes do campionato galego.
Para iso, trabállase en principio con tres probas, a primeira das cales será un control federativo en Pontevedra o vindeiro día 7 de agosto que, baixo o nome Voltamos, pretende ser o comezo da nova realidade deportiva actual.
No Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a partir das 17.10 horas, poderase novamente presenciar unha xornada atlética coa agardada presenza dos máis destacados especialistas galegos do momento.
Todos os participantes deberán respectar o protocolo COVID-19 aprobado pola Xunta de Galicia e que inclúe estritas normas de seguridade, hixiene, acceso e control de usuarios.
Seguidamente a esa data virá a Festa do Atletismo Galego. Peregrina 2020 o 14 de agosto e o Meeting Ourense Termal o día 21, que completarán a oferta de probas. Non se descarta, con todo, unha cuarta proba antes do campionato autonómico de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Atletismo de nivel internacional para celebrar as festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica regresa á competición tras o parón pola Covid-19
Por Redacción |
-
Jónatas Pereira colócase segundo no ranking nacional sub-20 de lanzamento de xavelina
Por Redacción |
-
Adrián Ben pon o punto deportivo ao ciclo En3vistas: "O galego é unha das cousas que máis boto de menos cando estou en Madrid"
Por Redacción & Mónica Patxot |