Pedro Sánchez, un comodín para o Teucro que alternará entre primeiro e segundo equipo
Por Redacción
Os xogadores subidos desde o filial seguen gañando peso no persoal da Sociedad Deportiva Teucro para o seu novo proxecto en División de Honra Prata.
Primeiro a dirección deportiva confirmou nos últimos días o ascenso ao primeiro equipo a todos os efectos de catro xogadores, como son Cristian Remeseiro, Roi Sierra, Jacobo Río e David Rey. Pero a cousa non quedará aí, e haberá máis xogadores que asomarán a cabeza no plantel principal.
É o caso de Pedro Sánchez, primeira liña canteirán que manterá ficha co filial que esta campaña militará en Autonómica. A pesar diso a intención do corpo técnico é que adestre co equipo de Prata e alterne convocatorias en ambas as categorías.
Sánchez, ligado ao Teucro desde categoría prebenxamín, renovou cos pontevedreses despois de xogar os tres últimos anos no equipo B en Primeira Nacional.
"Estou moi contento de poder continuar no club onde crecín e que considero a miña casa", recoñeceu o xogador, que se declara ilusionado co proxecto teucrista e espera "achegar o máximo ao equipo, así como seguir mellorando a nivel individual".
RENOVACIÓN Pedro Sánchez suma 15 años como teucrista y sigue otra temporada donde compaginará tareas con el primer equipo y el filial.
— S.D. Teucro (@sdteucro) July 23, 2020
“Estoy muy contento de poder continuar en el club donde he crecido y que considero mi casa”
https://t.co/WnGcxDpRha pic.twitter.com/cGmfuyfJgo
Relacionadas:
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
Rebaixa nos prezos para unha campaña de socios do Teucro que é "máis que balonmán"
Por Redacción |
-
Alejandro Gómez, xogador do Teucro: "Renovo porque quero ter unha experiencia nun equipo de Prata"
Por Redacción |
-
Sergio Lorenzo, outro xogador que alternará o filial co primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
Cristian Remeseiro dá continuidade ás renovacións e ascensos desde o filial no Teucro
Por Redacción |
-
Roi Sierra renova co Teucro e consolídase como xogador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
Jacobo Río, segundo ascenso desde o filial ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
O equipo sénior feminino do Teucro convértese nunha realidade
Por Diego Espiño |
-
David Rey dá o salto ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
Samuel Pereiro renova co Teucro e convértese no quinto xogador confirmado do equipo
Por Redacción |
-
O pivote Víctor Deco, segunda incorporación do Teucro
Por Redacción |