Finaliza o soño polo ascenso para O Fisgón, que cae por 1-3 ante o Valdetires Ferrol
Por Almu Dapena
Finaliza o soño polo ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino para O Fisgón, que se viu as caras este sábado na Coruña cun Valdetires Ferrol con máis experiencia en partidos deste calibre.
Era un duelo complicado para as de Marín, cuxa única intención era culminar a tempada da mellor maneira posible aínda que en fronte tivesen a un equipo que, no momento no que houbo o parón pola pandemia ocasionada polo Covid-19, atopábanse en mellor forma física.
O partido comezou con moita forza, cun Fisgón, que xogou como local, tratando de atopar as mellores ocasións mediante unha presión en primeira liña e unha defensa alta, aproveitando o 'hándicap' das rotacións que lles permitirían aguantar a intensidade do partido.
A primeira ocasión chegou aos 30 segundos cunha contra por parte do Valdetires que acabou nun saque de esquina. A calor notábase e ao conxunto de Marín custáballe coller ritmo, mentres que as que xogaban como visitantes atopábanse as mellores oportunidades a balón parado.
Só pasaran dous minutos de encontro e o Valdetires era o único que cultivaba oportunidades, obrigando á porteira de O Fisgón a intervir en cada disparo.
A intensidade do duelo continuaba ao grande, ambos os equipos precipitábanse nos pases e Pili Costa viuse obrigada a comezar coas rotacións, conseguindo que o balón se fose asentando nos pés das súas xogadoras que buscaban o gol, pero a anticipación en defensa por parte das de Ferrol impedíao.
Aos 5 minutos O Fisgón baixou o ritmo, empezábase a notar o cansazo e chegaron os erros, provocando outra ocasión moi clara de Lidia despois dun malentendido en defensa, que deu paso á mellor ocasión ata o momento, un balón ao traveseiro.
O Valdetires sacaba petróleo de todas as xogadas a balón parado, mentres O Fisgón seguía moi débil en defensa obrigando a Ana a intervir en cada xogada do rival, que replegaba con rapidez ante a posibilidade de contragolpe.
Aos poucos, as de Marín comezaron a tentar facer dano con xogadas máis elaboradas e, no minuto 12, despois de buscar a Café cun balón en diagonal, o balón foise lamiendo o pau esquerdo da porteria de Andrea, sendo a mellor ocasión ata o momento das de Pili Costa.
Un minuto despois chegou o primeiro gol do encontro. Tras varias xogadas poñendo a proba a Ana, Didi logrou enviar o balón ás mallas e inclinou a balanza a favor do Valdetires.
Co marcador en contra, O Fisgón viuse obrigado a cambiar o enfoque e volver presionar en campo contrario, pero seguía con moita dificultade para atoparse co gol. O Valdetires, máis tranquilo co 1-0, optou por non arriscar e buscar accións directas con balóns longos, mentres que Pili Costa decidía pedir tempo morto para reordenar as ideas das súas a falta de 5 minutos para o final da primeira metade.
O tempo morto permitiu a OFisgón dar un paso cara a adiante e nunha xogada rápida, o balón estrelouse no traveseiro. Daba a sensación de que querían finalizar canto antes as posesións e atoparse co gol, pero finalmente, a última ocasión tívoa o Valdetires cun tiro que acabou topándose co pau esquerdo da portería de Ana.
Despois do descanso e co partido a favor das de Ferrol, O Fisgón cambiou o enfoque e optou por buscar a Café, que se atopaba no medio da pista e converteuse nunha das protagonista nos últimos 20 minutos.
Aínda que individualmente o Valdetires mostrouse moito mellor, obrigando a Ana a intervir xa no primeiro minuto, as de Marín non estaban polo labor de tirar a toalla e buscaban as xogadas longas coas que igualar o marcador.
As calma chegou ás visitantes que, grazas á súa experiencia, souberon que esforzos facer, e así chegar con forzas suficientes ao asubío final xa que só contaban con 3 cambios.
Aos 5 minutos despois do paso polo vestiario chegou a mellor ocasión para O Fisgón, pero o balón perdido dentro do area non enconcontró portería e acabou en corner.
Os nervios notábanse e o Valdetires optou por realizar un xogo de balóns en profundidade onde Andrea buscaba a Érica, pero o marcador seguía sen moverse. Chegou o minuto 7 o cansazo notouse no Valdetires que vía como se repetian as ocasións de O Fisgon que non era capaz de definir con claridade.
Chegábase ao ecuador da segunda metade e O Fisgón vía como as súas ocasións non finalizaban con claridade e as opcións de quedar cunha das prazas na final.
O Valdetires tiña o partido no seu terreo, pero no momento no que Érica saía do campo, as de Marín aproveitaban para xerar as mellores ocasións e, a falta de 6 minutos para o asubío final, chegou o gol por mediación de Café despois dunha xogada de estratexia dun saque de esquina.
De novo volveu a intensidade e un erro en defensa provocou que O Fisgón realizase a súa sexta falta, pero o disparo de Érica estrelouse a man de Ana que realizou unha moi boa intervención no chan e enviou o balón a córner.
Quedaba 1 minuto 20 segundos para o final e Diego Pardo solicitou tempo morto. No momento da continuación, o Valdetires roubou o balón e permitiu a Lidia plantarse diante da porteira de Marín para de novo poñer as súas co marcador a favor.
Co 1-2 no luminoso e a falta de 54 segundos para que concluíse a semifinal, Pili Costa parou o cronómetro para cambiar ao xogo de cinco e poñer a Café como porteira-xogadora pero, un erro no pase provocou que Peli puxese o 1-3 co que que sentenciou o encontro.
Relacionadas:
-
O Fisgón empeza a planificar a nova tempada renovando a 'Pau', a súa capitá
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol retransmitirá a fase de ascenso de O Fisgón a Primeira División
Por Redacción |
-
O Fisgón vístese de Galicia para a fase de ascenso a Primeira División
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |