O Arosa, a dous partidos do ascenso

Por Almu Dapena
Pouco máis de 24 horas separan ao Arosa do primeiro chanzo que terá que superar para acceder á gran final de ascenso a Segunda División B.
Despois da pandemia que obrigou a paralizar os adestramentos e partidos, e tras a decisión da Federación de realizar un play-off exprés, o Estadio Municipal de Balaídos, na cidade de Vigo, será o escenario onde os de Rafa Sáez veranse as caras co Ourense CF.
Mes e medio de adestramentos e moita preparación mental foi necesaria para chegar da mellor maneira posible a unhas semifinais que terán a súa primeira parada este sábado co enfrontamento entre o Compostela e o Barco. Dese partido sairá o finalista que competirá contra o gañador do duelo entre Arosa e Ourense, que saltarán ao verde de Balaídos o domingo ás 19:30 horas (TVG2).
Ao conxunto vilagarcián só válelle a vitoria e sairán a por ela. Non terán o apoio da afección no estadio, polo menos para a semifinal, pero si desde cada casa, onde os socios e afeccionados animarán ao equipo para que regrese, 27 anos despois, á categoría de bronce do fútbol español.
Relacionadas:
-
O Arosa queda ás portas da final polo ascenso tras caer ante o Ourense por 2-1
Por Almu Dapena |
-
Louzán abre a posibilidade de xogar con público a final polo ascenso a Segunda B
Por Diego Espiño |
-
O Arosa, novo membro da Asemblea da RFEF
Por Redacción |
-
Rafa Sáez: "La afición está muy volcada, la gente pregunta por las calles, habla y contagia a todo el equipo"
Por Almu Dapena |