O Froiz perde o amarelo en Zamora pero mantense na pelexa
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz non conseguiu defender con éxito a camisola de líder que conseguira o mércores na segunda etapa da Vuelta a Zamora.
Víctor Romero non puido reter o amarelo, pero un compañeiro seu, Samuel Blanco, mantense na pelexa pola clasificación xeral.
Na terceira xornada da rolda zamorana, considerada como etapa reina da proba, foi clave unha fuga de saída con 18 corredores que chegou a ter unha vantaxe de 11 minutos sobre o pelotón.
A pesar de que ningún favorito estaba no grupo dianteiro, ninguén quería asumir a responsabilidade por detrás para recortar distancias. O Froiz fíxoo finalmente para reducir o maior tempo posible, aínda que co triunfo de tapa xa moi complicado.
No penúltimo porto, de 1ª categoría, Samuel Blanco arrincou xunto a dous corredores máis, sen poder atrapar a Josu Etxeberria (Caja Rural), representante da escapada e que chegou en solitario a meta con algo máis de 1 minutos de vantaxe, conseguindo ademais vestir de líder.
Por detrás Blanco chegaba en chegaba cuarto dentro do trío perseguidor, confirmándose como opción principal do Froiz ao situarse terceiro na xeral a 1'07'' de Etxeberria.
Ester venres disputarase a cuarta e última etapa da Vuelta a Zamora.
Relacionadas:
-
Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora
Por Redacción |
-
Batalladora estrea competitiva do Froiz na Volta a Zamora, con liderado incluído
Por Redacción |
-
O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |