Exitosa exhibición de taekwondo a cargo do club Mace Sport na Praza da Peregrina
Por Redacción
Uns 150 taekwondistas protagonizaron este venres unha macroexhibición na Praza da Peregrina de Pontevedra. Organizado polo club Mace Sport, trataban de achegar este deporte á cidadanía pontevedresa e mostrar o poderío da canteira do equipo. O obxectivo principal era poder atraer a futuros novos deportistas de todas as idades.
No tapiz instalado na Praza da Peregrina foron mostrando as súas habilidades as diferentes seccións do Mace Sport, desde a clase de pequenos ata as formacións cadete, infantil e adultos. Tamén houbo tempo para exhibicións doutras disciplinas como o kung-fu.
Ademais, nesta exhibición, que atraeu a atención de decenas de persoas, participaron outros dez deportistas do club Taekanart e doutras vinte persoas da sección de danza da mesma formación.