Definida a Copa Galicia de balonmán para Cisne, Teucro e Bueu Atlético
Por Redacción
O camiño cara ao próximo curso deportivo segue aclarándose para os equipos de balonmán da comarca, en concreto ao que se refire á fase de pretempada.
Nese período de preparación é tradicional unha competición, a Copa Galicia, que serve de test para os equipos e que este luns desvelou os seus emparellamentos e datas.
Segundo explicou a Federación Galega de Balonmán, na competición sénior masculina participarán os equipos galegos de Asobal e División de Honra Prata así como os primeiros clasificados da Primeira Nacional. Todo eles entre o 17 e o 29 de agosto, por tanto finalizando só unha semana antes de que de comezo a liga Asobal (o inicio de Prata está previsto para o 26 de setembro).
Entre eles están por suposto os dous representantes pontevedreses, Cisne e Teucro, ademais do Bueu Atlético como un dos representantes da terceira categoría.
O torneo autonómico comezará nos cuartos de final nos que o Cisne se enfrontará ao Chapela de Primeira Nacional, o Teucro fará o propio cun recentemente ascendido a Prata como o Lalín mentres que o Atlético Bueu terá como rival ao Balonmán Cangas da máxima categoría. Completa a rolda o partido entre Xiria e Atlético Novás.
Os encontros de cuartos de final deben xogarse entre o 17 e 23 de agosto, mentres que as semifinais disputaranse o 28 de agosto e a final só un día despois, o 29 de agosto ás 20.00 horas.
No que respecta ao Cisne, a súa participación na primeira rolda da Copa Galicia coincidirá coa súa presenza no XXII Trofeo Concello do Rosal (22 e 23 de agosto) no que ademais dos anfitrións Atlético Novás e do propio Cisne estarán presentes dous equipos da Superliga portuguesa, o FC Porto e o Sporting de Portugal.
Relacionadas:
-
Suspendida a Copa Galicia de balonmán tras a recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte
Por Redacción |
-
O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"
Por Almu Dapena |
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javi Vázquez renova e non perderá o debut do Cisne en Asobal
Por Redacción |
-
Renovación por dúas tempadas de Pablo Picallo no Cisne
Por Redacción |
-
David Rey dá o salto ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
Samuel Pereiro renova co Teucro e convértese no quinto xogador confirmado do equipo
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez renova e resolve unha das principais dúbidas do Cisne
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro xa coñecen as datas de inicio da Liga Asobal e da División Honra Prata
Por Almu Dapena |