Samuel Pereiro renova co Teucro e convértese no quinto xogador confirmado do equipo
Por Redacción
O novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro na División de Honra Prata de balonmán segue tomando aos poucos forma ao confirmar este luns unha nova renovación.
Trátase de Samuel Pereiro, que chegou a un acordo coa entidade teucrista para prolongar un ano máis a súa vinculación.
Pereiro aterrou no Teucro no verán de 2017 procedente do Balonmán Porriño para compaxinar o filial de Primeira Nacional co primeiro equipo, por aquel entón en Asobal, e xa o seu primeiro ano chegou a disputar 18 encontros na máxima categoría baixo as ordes de Quique Domínguez. Desde entón a primeira liña foi gañando peso no equipo ata converterse primeiro en membro de pleno dereito do primeiro plantel e mesmo o último curso nun dos seus capitáns.
Será por tanto a súa cuarta campaña no vicedecano, no que "achegará experiencia e será unha peza clave na defensa", sinala o club teucrista.
RENOVACIÓN @samuelpereiro sumará su 4º temporada defendiendo la camiseta azul. El primera línea aportará experiencia y será una pieza clave en la defensa teucrista.#somosAzuis pic.twitter.com/RtTkK0uk5f
— S.D. Teucro (@sdteucro) July 13, 2020
Pola súa banda o xogador destacou que "o Teucro é un equipo que me permite compatibilizar os meus estudos de fisioterapia co deporte", á vez que lle dá a oportunidade de "mellorar a nivel deportivo".
Samuel Pereiro é a terceira renovación anunciada pola xunta xestora da entidade, uníndose ás de Marko Dzokic e Caüe Herrera e ás fichaxes de Miguel Sío e Víctor Deco.
Relacionadas:
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
Talento serbio para a portería do Teucro
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, un comodín para o Teucro que alternará entre primeiro e segundo equipo
Por Redacción |
-
Cristian Remeseiro dá continuidade ás renovacións e ascensos desde o filial no Teucro
Por Redacción |
-
Roi Sierra renova co Teucro e consolídase como xogador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
Jacobo Río, segundo ascenso desde o filial ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
David Rey dá o salto ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
Definida a Copa Galicia de balonmán para Cisne, Teucro e Bueu Atlético
Por Redacción |
-
O Teucro incorpora a Sergio Rey como novo preparador físico do seu primeiro equipo
Por Redacción |
-
O pivote Víctor Deco, segunda incorporación do Teucro
Por Redacción |
-
Caüe Herrera, terceira peza confirmada para o Teucro 20/21
Por Redacción |
-
Miguel Sío volve ao Teucro seis anos despois
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Marko Dzokic unha tempada máis
Por Redacción |
-
Desvelado o calendario da División de Honra Prata, con inicio para o Teucro na casa fronte ao San Pablo Burgos
Por Redacción |