A taekwondista Sara Cortegoso regresa ao CAR de Barcelona para preparar o que será "un año raro"
Por Almu Dapena
Despois de varios meses de espera e adestramentos en casa, a taekwondista pontevedresa, Sara Cortegoso, fixo as maletas para regresar ao Centro de Alto Rendemento (CAR) de Barcelona e preparar o que será "un año raro" a nivel deportivo.
O coronavirus obrigou a cancelar todas as competicións nas que a medallista europea tiña pensado participar, por iso os seus obxectivos deportivos han cambiado "espero coger buena forma, entrenar y mejorar para volver a competir al máximo nivel", explicou.
Para iso, non deixou de adestrar durante os meses de confinamento, iso si, "en un espacio reducido y con material muy limitado". Con todo, a deportista do Mace Sport comentou que o peche foi a intres "agradable", xa que estivo co seu pai e adestrador, Miguel Cortegoso, e axudoulle a seguir preparándose para cando chegase a volta á normalidade.
Con esa volta á normalidade chegou a apertura dos ximnasios, onde a taekwondista retomou os adestramentos de pretemporada cos seus compañeiros e compañeiras, sempre respectando as medidas de seguridade, e á espera da chamada da convocatoria do CAR, que chegou esta semana.
Agora, Cortegoso atópase en Barcelona para continuar coa súa formación e os seus estudos e onde volverá adestrar a partir deste luns coa selección española, pero manténdose á espera de que campionatos poderá disputar e cando.
Relacionadas:
-
Tono Campos ou Sara Cortegoso, entre os novos deportistas que alcanzan o recoñecemento de 'alto nivel'
Por Diego Espiño |
-
Sara Cortegoso participa nunha concentración en Murcia coa selección española de Taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso e Iván García regresan cun ouro e unha prata do Open de Alemaña de taekwondo
Por Redacción |
-
Os taekondistas do Mace Sport presentan as súas medallas no concello
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Sara Cortegoso, Iván García e Arlet Ortiz, ouros pontevedreses no Nacional de taekwondo
Por Redacción |
-
A taekwondista pontevedresa Sara Cortegoso múdase ao CAR de Barcelona
Por Manu Otero |