A Regata de Cruceiros CN Portonovo celebra a súa XVIII edición coincidindo co Memorial Paco Alvariñas
Por Redacción
As Regatas de Cruceiros organizadas polo CN Portonovo regresaron este sábado á Ría de Pontevedra para celebrar a XVIII edición da competición e o Memorial Paco Alvariñas.
Ás 14:00 horas realizouse a saída das 25 embarcacións representantes das Rías de A Guarda, Pontevedra e Arousa ás que acompañou unha xornada metereolóxica favorable.
Cada clase tiña o seu percorrido. Desta maneira, para os Solitarios e A Dos xunto coa Clase de Clásicos, realizouse un percorrido de 9 millas que finalizou enfronte do porto de Portonovo, mentres que a Clase ORC dividiuse en dous grupos. O ORC 1 e ORC 2 separados polo seu GPH. O Comité de Regatas para estes grupos realizou dous percorridos, un percorrido de 4 millas tipo barlovento-sotavento e ao finalizar, realizaron o mesmo percorrido que as clases Solitarios e A Dúas e Clásicos.
A entrega de trofeos realizouse ás 18:30 horas coa presenza do presidente do club organizador, Javier Ruiz de Cortazar; o deputado de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez; o director dun dos grupos patrocinadores, Jorge González; e por parte da Familia Alvariñas, a viúva Loreto Ferrero e a filla Anastasia Martínez.
En canto aos vencedores de cada clase, na Clase Solitarios e A Dos o primeiro posto foi do Ay Carmela, do Liceo Marítimo de Bouzas, patroneado por Juan Martínez Pazó e, na Clase Clásicos, o barco Cassandra, do Club Náutico de Portonovo, patroneado por Javier Pazó.
Pola súa banda, na Clase ORC 2 o Trofeo Gadis levoullo o Mar de Frades-Cruceros Pelegrín, do Ro Yachts Club e Club Deportivo Alagua, patroneado por Joaquín Carneiro; mentres que en Clase ORC 1, o Trofeo Previsonor foi para o Ziralla Primero, do Ro Yachts Club, patroneado por Ramón Barreiro.
Relacionadas:
-
Portonovo despide a tempada de cruceiros cunha vibrante regata en augas das rías de Arousa e Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontillón do Castro suma un Nacional de piragüismo máis, o cadete, á súa lista de competicións post-Covid
Por Redacción |
-
A base do Breogán do Grove acaba primeira na primeira regata post Covid-19
Por Redacción |
-
Despois de case 100 días... Regresaron as regatas de cruceiros á Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
As regatas de cruceiros regresan á Ría de Pontevedra tras a parada obrigada polo coronavirus
Por Redacción |