O Fisgón vístese de Galicia para a fase de ascenso a Primeira División
Por Redacción
As follas do calendario van pasando e cada vez queda menos para que O Fisgón Futsal se xogue o ascenso á máxima categoría do fútbol sala nacional, a Primeira División.
O conxunto marinense segue preparándose a conciencia para o play- off que disputará na Coruña, e antes de afrontalo foi obxecto este mércores dunha recepción oficial na que recibiron os ánimos da alcaldesa, María Ramallo, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O Fisgón aproveitou a ocasión para ensinar por primeira vez a súa nova 'arma', unha camiseta coa bandeira de Galicia e a catedral de Santiago estampada que espera tráialle a maior das sortes posibles.
"Aproveitamos para ensinar unha cousiña que tiñamos escondida...pronto poderedes vela en grande!", sinalou o club tras o encontro.
A fase de ascenso a Primeira División iniciarase para O Fisgón o sábado 18 de xullo coa semifinal fronte ao Valdetires Ferrol FSF, mentres que o segundo e definitvo encontro xogaríase unha semana máis tarde ante o Viaxes Amarelle, xa clasificado para a final como primeiro de grupo na liga regular.
Relacionadas:
-
O Fisgón empeza a planificar a nova tempada renovando a 'Pau', a súa capitá
Por Redacción |
-
Finaliza o soño polo ascenso para O Fisgón, que cae por 1-3 ante o Valdetires Ferrol
Por Almu Dapena |
-
A Federación Galega de Fútbol retransmitirá a fase de ascenso de O Fisgón a Primeira División
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Valdetires de Ferrol e o Viaxes Amarelle, "rivales muy duros" para O Fisgón no seu soño polo ascenso
Por Almu Dapena |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |