O boxeo en Pontevedra ponse en 'forma'
Por Redacción
O futuro do boxeo en Pontevedra está garantido. Así o demostran os resultados de dúas novas promesas do Club Boxeo David Burgos.
Uxía Silva (13 anos) é campioa de España de formas de boxeo, unha modalidade de formación na que non se permite o contacto, e subcampioa de School Boys, mentres que Álex Domínguez (11 anos) é subcampión de School Boys.
Eses logros motivaron este martes unha recepción oficial no Concello de Pontevedra, na que Uxía mostrou parte da súa colección de medallas, aínda que o seu compañeiro de club non puido finalmente acudir.
"Estamos muy contentos, es mucho trabajo día a día lo que hay que entrenar para poder subir el nivel", sinalou na recepción o adestrador de ambos, David Burgos.
A deportista revelou que algún día gustaríalle pelexar "por las olimpiadas", e recibiu os ánimos do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen lle pediu que "siga traballando así para que Pontevedra siga sendo unha cidade referente no deporte".