O club ciclista Ponte1Reto entrega por terceiro ano consecutivo unha bicicleta adaptada a Amencer-Aspace
Por Redacción
O coronavirus non freou a iniciativa solidaria do equipo ciclista pontevedrés Ponte1Reto, a pesar de non poder participar practicamente este ano en competicións para impulsar a súa recadación de fondos.
Con todo o esforzo dos seus integrantes traduciuse na compra por terceiro ano dunha bicicleta adaptada para o Programa Rodando da asociación Amencer-Aspace, en gran medida grazas á achega de patrocinadores como Pescamar e Andefil.
Así, aínda que a entrega da máquina tivo que ser atrasada pola pandemia, este luns 6 de xullo converteuse nunha realidade cun sinxelo acto en Campolongo.
En concreto Ponte1Reto doou un triciclo adaptado do que a partir de agora poderán gozar os usuarios de Amencer, asociación que presta a súa atención a persoas que contan con dano cerebral.