Miguel Sío volve ao Teucro seis anos despois
Por Redacción
Segunda confirmación para o novo proxecto deportivo da Sociedad Deportiva Teucro na División de Honra Prata, baixo o mando de Irene Vilaboa.
Trátase ademais dun regreso, seis anos despois, ao club, xa que o Teucro confirmou a fichaxe de Miguel Sío.
O extremo e lateral, formado na SAR de Redondela e o Academia Octavio, iniciou a súa etapa sénior no Cisne en Primeira Nacional, equipo desde o que deu o salto ao Teucro na campaña 2012/2013 para defender a camiseta azul dous cursos en Prata, cunha fase de ascenso á Liga Asobal incluída. Desde entón militou no Atlético Novás, o OAR Coruña e o Trops Málaga, este último na segunda categoría do balonmán nacional.
"A volta ao Teucro era unha boa oportunidade para volver xogar en Galicia en División de Honra Prata e a verdade que coñezo o traballo de Irene nos seus anteriores clubs e teño moi boas referencias, ademais de contar coa confianza de Milucho que xa foi o meu adestrador no Cisne", recoñeceu Sío en declaracións ao club teucrista.
Para o xogador, segunda peza confirmada no equipo tras a renovación de Dzokic, espera "un ano complicado para todos os clubs despois da situación vivida así que os equipos con máis traballo e regularidade serán os que mellor se sobrepoñan".
Relacionadas:
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
Talento serbio para a portería do Teucro
Por Redacción |
-
Roi Sierra renova co Teucro e consolídase como xogador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
Jacobo Río, segundo ascenso desde o filial ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
David Rey dá o salto ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
Samuel Pereiro renova co Teucro e convértese no quinto xogador confirmado do equipo
Por Redacción |
-
O Teucro incorpora a Sergio Rey como novo preparador físico do seu primeiro equipo
Por Redacción |
-
O pivote Víctor Deco, segunda incorporación do Teucro
Por Redacción |
-
Caüe Herrera, terceira peza confirmada para o Teucro 20/21
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Marko Dzokic unha tempada máis
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario da Primeira Nacional de balonmán sen o filial do Teucro, que renuncia á súa praza
Por Diego Espiño |
-
Desvelado o calendario da División de Honra Prata, con inicio para o Teucro na casa fronte ao San Pablo Burgos
Por Redacción |