O Asmubal Meaño de Luis Montes coñece o seu calendario como novo equipo de Prata Feminina
Por Redacción
Tras aceptar o ofrecemento da Real Federación Española de Balonmán e cumprir os trámites esixidos, o Balonmán Asmubal Meaño é a todos os efectos novo equipo da División de Honra Prata Feminina.
O club do Salnés, que regresa á segunda categoría cun proxecto deportivo que estará dirixido polo pontevedrés Luis Montes, xa coñece de feito o calendario de competición que lle espera, despois do sorteo celebrado este mércores 24 de xuño.
A División de Honra Prata dará comezo a fin de semana do 26 e 27 de setembro, conformada por catro grupos de 14 equipos cada un.
Segundo estableceuse, os dous primeiros de cada grupo ao final da liga regular pasarán a unha eliminatoria a dobre partido, na que se enfrontarán un primeiro contra un segundo. Os catro vencedores pelexarán despois polas dúas prazas de ascenso á máxima categoría.
Pola súa arte pola zona baixa descenderán os dous equipos peores clasificados de cada grupo e tamén os dous peores antepenúltimos dos catro grupos.
En canto ao calendario, o Asmubal estreará tempada en casa fronte ao Siero Deportivo, visitando unha semana despois ao Lavadores vigués na súa primeira saída. A competición regular finalizará para as de Meaño o 25 de abril recibindo na súa pista ao Club León Balonmano (CLEBA).