Triunfo de Antonio De Segovia para o Froiz na Volta a Ávila
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz adxudicouse a xeral da Volta a Ávila grazas ao abulense Antonio De Segovia, o corredor máis regular dos dous días de competición.
De Segovia encarrilou a rolda nunha dura primeira etapa, controlando os seus rivais no segundo e último día da carreira, que confirmou ademais o terceiro posto doutro corredor do equipo alimenticio, Miguel Gómez.
O triunfo xeroulle a De Segovia unha gran alegría porque "el año pasado quedé tercero después de un gran trabajo de todo el equipo y tenía muchas ganas de devolverle toda esa confianza", recoñeceu o abulense que tamén confesou que "ganar esta prueba es muy especial porque es de la mi tierra. Es la oportunidad de lucirme ante mi gente y quería hacerlo muy bien".
De Segovia confesou que a clave estivo na etapa do sábado. "Sabíamos que era muy dura y que había terreno para poder dar un vuelco importante a las clasificaciones. Hicimos una apuesta y nos ha salido muy bien".
O dominio do Froiz queda certificado en que gañou a maioría das clasificacións, metas voantes, a montaña e mellor abulense con Antonio de Segovia, ademais fíxose co triunfo nun do apartados máis apreciados pola estrutura pontevedresa, a de por equipos. Un resultado que fai que os de Portela manteñan o seu idilio coa proba castelá malia que o ano pasado non puideron gañala.
Esta é a terceira vitoria nunha volta por etapas para o equipo dirixido por Evaristo Portela na presente tempada.