Deporte sen franxas horarias e en grupos de ata 20 persoas na fase 3 de desescalada
Por Almu Dapena
A partir do próximo luns 8 de xullo, Pontevedra pasará á fase 3 da desescalada, o que supoñerá unha "flexibilización das medidas relativas á apertura de instalacións deportivas ao aire libre, pechadas e centros deportivos", tal e como especifica o Artigo 33 do Boletín Oficial do Estado (BOE) na súa publicación do sábado 30 de maio.
Dentro dese apartado, explícase que se poderá realizar actividade deportiva en grupos de ata vinte persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento do aforo máximo permitido, tanto nas instalacións deportivas ao aire libre como nos centros deportivos pechados e, en ambos os casos, aplicaranse sempre as normas de acceso, quendas e limpeza.
Así mesmo, os deportistas poderán acceder ás instalacións acompañados dunha persoa distinta do seu adestrador e non será necesario concretar cita previa para a realización de actividades deportivas.
Por último, o uso de vestiarios e zonas de duchas estará permitido, pero a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados e do cincuenta por cento nos que superen esa medida, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante.
Adestramento medio en ligas non profesionais federadas
Segundo o Artigo 33 do BOE, os deportistas integrados en clubs participantes en ligas non profesionais federadas poderán realizar tarefas individualizadas de carácter físico e técnico, e en pequenos grupos de ata un máximo de vinte persoas, mantendo as distancias de seguridade de dous metros de maneira xeral, e evitando situacións nas que se produza contacto físico.
Pola súa banda, o persoal técnico poderá asistir aos adestramentos mantendo a distancia de seguridade e cumprindo as medidas xerais de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias.
Relacionadas:
-
Haberá "libre tránsito" entre todas as provincias galegas desde esta madrugada
Por Alejandro Espiño |
-
O PP solicita protocolos para garantir a seguridade e hixiene das instalacións deportivas
Por Redacción |
-
As instalacións deportivas e culturais de Cuntis abren con cita previa a partir do luns
Por Redacción |
-
Pontevedra pasa a fase tres e estará permitido desprazarse ao resto de provincias galegas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Poio estuda fórmulas para o uso das instalacións deportivas de cara á entrada na fase 3
Por Redacción |
-
Sancionan un mozo por estar con amigos, non levar máscara e rirse da Policía Local
Por Alejandro Espiño |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
Desescalada no deporte: así viviron os atletas da Gimnástica os seus primeiros adestramentos no exterior
Por Redacción |