Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción
Os tres equipos da comarca clasificados para os play-off de ascenso exprés cos que finalizará a tempada formalizaron en tempo e forma a súa inscrición.
Así quedou confirmado despois de que ás 14:00 horas deste xoves finalizase o prazo dado aos equipos pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Desta forma o Arosa segue adiante no play-off de ascenso a Segunda B, que ten previsto celebrar as súas semifinais (Arosa-Ourense CF) os días 18 e 19 de xullo, coa final fronte ao vencedor do Compostela-Barco o 25 de xullo nunha sede aínda por definir.
Pola súa banda o Leis Pontevedra pelexará por subir a Segunda División masculina de fútbol sala tamén a partir do 18 de xullo, nunha fase que lle enfrontará ao terceiro clasificado, o Albense. No caso de avanzar, xogaría ante o gañador do partido entre o Benavente (actual líder do grupo I) e O Esteo.
Por último O Fisgón apurará as súas opcións de ascender á Primeira División Feminina de fútbol sala. Para iso, nas mesmas datas que o Leis e na casa do líder do grupo, o Viaxes Amarelle de Coruña terán que disputar unha eliminatoria contra as terceiras da clasificación, o Valdetires Ferrol, e o equipo vencedor disputará o ascenso fronte ás coruñesas.
RENUNCIA DO FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO
A sorpresa chegou precisamente na Primeira División Feminina de fútbol sala, onde o actual campión de liga e líder da fase regular, o Futsi Atlético Navalcarnero, decidiu renunciar a participar no play- off polo título xunto a Burela, Ourense Envialia e Alcorcón "por non poder cumprir con varios dos requisitos que para tal fin márcanos a RFEF", sinalan nun comunicado.
En todo caso esta renuncia non afecta ao Poio Pescamar, quinto da táboa, xa que a circular federativa que regula os play- off explica que no caso de renuncia a competición se readaptará aos equipos rexistrados, neste caso tres, sen que poida entrar a competir o seguinte clasificado.
Relacionadas:
-
O Fisgón vístese de Galicia para a fase de ascenso a Primeira División
Por Redacción |
-
Pacho Oliveira, novo director deportivo da base no Arosa
Por Redacción |
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
Tres meses despois, o Leis volve traballar en grupo coa mente posta no ascenso
Por Manu Otero |
-
Oficial: O Arosa xogará o ascenso a Segunda B no estadio vigués de Balaídos
Por Redacción |
-
O Valdetires de Ferrol e o Viaxes Amarelle, "rivales muy duros" para O Fisgón no seu soño polo ascenso
Por Almu Dapena |
-
O Leis Pontevedra, preocupado polas lesións no regreso aos adestramentos
Por Almu Dapena |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Balaídos, primeira opción para disputar o play-off de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B
Por Redacción |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso
Por Almu Dapena |