Balaídos, primeira opción para disputar o play-off de ascenso a Segunda B
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol e os catro equipos galegos que pelexarán polo ascenso á Segunda División B no play-off exprés protagonizaron este luns unha reunión telemática para avanzar nos aspectos organizativos da fase de ascenso.
Arosa, Compostela, Ourense CF e CD Barco tiveron ocasión tamén de expresar as súas inquietudes respecto diso.
O principal asunto por decidir era a elección de sede, tendo en conta que a Federación pretende que tanto as dúas semifinais (Arosa-Ourense e Compostela-Barco) como a final se disuten no mesmo escenario.
Descartado o estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago, proposto polo Compostela pero rexeitado polo resto de participantes ao ser o campo dun dos aspirantes, o Estadio Municipal de Balaídos en Vigo aparece como a opción que maior consenso xerou, a pesar de que nun principio non parecía ser candidato a acoller o evento.
Desta forma á Federación Galega queda agora buscar un acordo que lle permita o uso das instalacións. A favor desta idea xoga o feito de que o Celta non sairía prexudicado, sempre que se cumpla o calendario proposto pola Liga de Fútbol Profesional xa que na data das semifinais (18-19 de xullo) o cadro celeste afrontaría a última xornada de liga pero a domicilio, ante o Espanyol de Barcelona.
De non ser posible utilizar Balaídos buscaríase outro escenario para o play-off, pero sempre de céspede natural.
Relacionadas:
-
Oficial: O Arosa xogará o ascenso a Segunda B no estadio vigués de Balaídos
Por Redacción |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B
Por Redacción |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |