Alfonso Fernández Paz adestrará ao primeiro equipo feminino do Leis
Por Redacción
O equipo feminino do Leis Pontevedra xa está a empezar a planificar a próxima tempada coa fichaxe dun novo adestrador.
Co conxunto masculino a piques de disputar a fase de ascenso a Segunda División, e co obxectivo de que o feminino recupere a praza nesa categoría, o club decidiu fichar a Alfonso Fernández Paz, actual director deportivo na Escola Futsal Morrazo.
Segundo destacan desde o club, Fernández Paz "se une para dar un impulso al primer equipo femenino", que concluíu a tempada regular, finalizada de forma prematura pola pandemia do coronavirus, en terceira posición, e que buscará volver competir en Segunda División "a medio plazo" baixo as ordes do novo adestrador.
Relacionadas:
-
O Leis Pontevedra, preocupado polas lesións no regreso aos adestramentos
Por Almu Dapena |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Leis amplía unha tempada máis o contrato do seu adestrador Mikel Diestro
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso
Por Almu Dapena |