Os campións mundiais do ITU Multisport de Pontevedra manterán o seu título ata 2021
Por Diego Espiño
Pasou máis dun ano, pero na memoria colectiva da cidade segue aínda moi presente todo o que supuxo a celebración dos campionatos do Mundo ITU Multisport, os mundiais de dúatlon, tríatlon cros, tríatlon de longa distancia, acuatlón e aquabike.
Case 4.000 deportistas chegados de 54 países convertieon a Pontevedra no centro de atención do deporte internacional ao longo dunha semana de competición, xornadas nas disputáronse os diferentes mundiais tanto para a categoría elite como para as sub-23 ou grupos de idade.
Agora os medallistas e campións daquela cita tan especial, como foron Javi Gómez Noya e Pablo Dapena co ouro e prata no tríatlon de longa distancia elite, ou en grupos de idade os pontevedreses Cristian Fernández e o incombustible Manuel Cruces en acuatlón ou Manuel Ojea e Aida García en dúatlon, poderán presumir un ano máis da súa condición vixente de campións ou subcampións do mundo.
Trátase dun tecnicismo debido á decisión que tomou esta semana o Comité Executivo da Federación Internacional de Tríatlon (ITU) de pospoñer os próximos Campionatos do Mundo Multideporte que se ían a celebrar este ano en Almere, en Países Baixos, e que pasarán a celebrarse do 4 ao 13 de setembro de 2021.
Desta forma, polo menos ata esa data, os campións en Pontevedra manterán o seu título vixente.
A decisión da ITU afecta ademais ás seguintes edicións do Multisport, que tamén se atrasan un ano con respecto á data prevista inicialmente. É o caso dos mundiais multideporte de Townsville (Australia) que pasan a 2022 e de Eivissa, en España, agora fixados para o ano 2023.
A presidenta da ITU e membro do Comité Olímpico Internacional, Marisol Casado, explicou ao repecto que "non foi unha decisión fácil de tomar para ningún de nós, pero tendo en conta a situación dos deportistas de todo o mundo, moitos deles con acceso insuficiente ao adestramento debido ao confinamento e con restricións de viaxe que aínda se aplican a moitos países, acordamos que a mellor opción para todos era trasladar os eventos durante todo un ano".
O Mundial de tríatlon de longa distancia era un dos grandes obxectivos do ano para o pontevedrés Pablo Dapena, medallista (ouro e prata) nas dúas últimas edicións. Tamén o Mundial Ironman 70.3 de Taupo, en Nova Zelandia. Con ambas as citas pospostas, o 2020 queda sen grandes retos no horizonte para unha das grandes figuras do deporte local.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena e Saleta Castro, "con ganas" de dar a batalla no Mundial de longa distancia de Almere
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra recolle en Cáceres un premio pola organización do ITU Multisport de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Dapena, ante a incerteza do calendario: "Si me dicen que esta temporada no se compite, me dejan más tranquilo"
Por Diego Espiño |
-
A "reunión social" particular de Gómez Noya e Pablo Dapena na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
O Challenge de Daytona, "motivación importante" a curto prazo para Pablo Dapena
Por Almu Dapena |
-
Un ano despois de ser o centro de atención do tríatlon mundial
Por Diego Espiño |
-
A ITU dálle "matrícula de honor" á organización dos Mundiais Multideporte de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra será candidata para acoller a final das Series Mundiais de tríatlon
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |